ABRIRLLE CAMIÑOS A DEUS
Xoán berra moito. Faino porque ve ao pobo durmido e quere espertalo, veo apagado e quere acender no seu corazón a fe nun Deus Salvador. O seu berro concéntrase nunha chamada: «Preparade o camiño do Señor». Como abrirlle camiños a Deus? Como facerlle máis sitio na nosa vida?
Procura persoal. Para moitos, Deus está hoxe encuberto por toda clase de prexuízos, dúbidas, malos recordos da infancia ou experiencias relixiosas negativas. Como descubrilo? O importante non é pensar na Igrexa, nos curas ou na misa. O primeiro é buscar ao Deus vivo, que se nos revela en Xesús Cristo. Deus déixase atopar por aqueles que o buscan.
Atención interior. Para abrirlle un camiño a Deus é necesario descender ao fondo do noso corazón. Quen non busca a Deus no seu interior é difícil que o atope fóra. Dentro de nós atoparemos medos, preguntas, desexos, baleiro… Non importa. Deus está aí. El creounos con un corazón que non descansará se non é nel.
Con un corazón sincero. O que máis nos achega ao misterio de Deus é vivirmos na verdade, non enganarnos a nós mesmos, recoñecer os nosos erros. O encontro con Deus acontece cando a un lle nece desde dentro esta oración: «Oh, Deus!, ten compaixón de min, que son pecador». Este é o mellor camiño para recuperarmos a paz e a alegría interior.
En actitude confiada. O medo pecha a non poucos o camiño cara a Deus. Dálles medo atopárense con el: só pensan no seu xuízo e nos seus posíbeis castigos. Non terminan de crer que Deus só é amor e que, mesmo cando xulga ao ser humano, faio con amor infinito. Espertar a confianza neste amor é empezarmos a vivir de maneira nova e gozosa con Deus.
Camiños diferentes. Cada un ha facer o seu propio percorrido. Deus acompáñanos a todos. Non abandona a ninguén, e menos cando se atopa perdido. O importante é non perdermos o desexo humilde de Dios. Quen segue confiando, quen dalgunha maneira desexa crer, xa é «crente» ante ese Deus que coñece o corazón de cada persoa ata o fondo.
José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire




