• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

2 Tempo ordinario – A (Xoán 1,29-34)

Evangelio del 15 / Ene / 2023
Publicado el 09/ Ene/ 2023
por Coordinador - Mario González Jurado
evangelio, Pagola

DEIXARNOS BAUTIZAR POLO ESPÍRITO DE XESÚS

Os evanxelistas esfórzanse por diferenciar ben o bautismo de Xesús do bautismo de Xoán. Non hai que confundilos. O bautismo de Xesús non consiste en mergullar aos seus seguidores nas augas dun río. Xesús mergulla aos seus no Espírito Santo. O evanxeo de Xoán dío de xeito claro. Xesús posúe a plenitude do Espírito de Deus, e por iso pode comunicar aos seus esa plenitude. A gran novidade de Xesús consiste en que Xesús é «o Fillo de Deus» que pode «bautizar con Espírito Santo».

Este bautismo de Xesús non é un baño externo, parecido ao que algúns puideron coñecer talvez nas augas do Xordán. É un «baño interior». A metáfora suxire que Xesús comunica o seu Espírito para penetrar, empapar e transformar o corazón da persoa.

Este Espírito Santo é considerado polos evanxelistas como «Espírito de vida». Por iso, deixármonos bautizar por Xesús significa acollermos o seu Espírito como fonte de vida nova. O seu Espírito pode potenciar en nós unha relación máis vital con el. Pódenos levar a un novo nivel de existencia cristiá, a unha nova etapa de cristianismo máis fiel a Xesús.

O Espírito de Xesús é «Espírito de verdade». Deixármonos bautizar por el é poñer verdade no noso cristianismo. Non deixármonos enganar por falsas seguridades. Recuperarmos unha e outra vez a nosa identidade irrenunciábel de seguidores de Xesús. Abandonar camiños que nos desvían do evanxeo

O Espírito de Xesús é «Espírito de amor», capaz de liberarnos da covardía e do egoísmo de vivirmos pensando só nos nosos intereses e o noso benestar. Deixarnos bautizar por el é abrirnos ao amor solidario, gratuíto e compasivo.

O Espírito de Xesús é «Espírito de conversión» a Deus. Deixarnos bautizar por el significa deixarnos transformar lentamente por el. Aprender a vivirmos cos seus criterios, as súas actitudes, o seu corazón e a súa sensibilidade a prol de quen viven sufrindo.

O Espírito de Xesús é «Espírito de renovación». Deixarnos bautizar por el é deixármonos atraer pola súa novidade creadora. El pode espertar o mellor que hai na Igrexa e darlle un «corazón novo», con meirande capacidade de ser fiel ao evanxeo.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

Santíssima Trindade – A (João 3,16-18)
25/ May/ 2026
Santissima Trinità – A (Giovanni 3,16-18)
25/ May/ 2026
Sainte Trinité – A (Jean 3,16-18)
25/ May/ 2026
Holy Trinity – A (John 3,16-18)
25/ May/ 2026

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial