• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

23 Tempo ordinario – A (Mateu 18,15-20)

Evangelio del 10 / Sept / 2023
Publicado el 04/ Sep/ 2023
por Coordinador - Mario González Jurado
evangelio, Pagola

UNHA IGREXA REUNIDA NO NOME DE XESÚS

Cando un vive distanciado da relixión ou se viu decepcionado pola actuación dos cristiáns, é fácil que a Igrexa se lle vexa só como unha gran organización. Unha especie de «multinacional» ocupada en defender e sacar adiante os seus propios intereses. Estas persoas, polo xeral, só coñecen á Igrexa desde fóra. Falan do Vaticano, critican as intervencións da xerarquía, irrítanse ante certas actuacións do papa. A Igrexa é para elas unha institución anacrónica da que viven lonxe.

Non é esta a experiencia de quen se sente membro dunha comunidade crente. Para estes, o rostro concreto da Igrexa é case sempre a súa propia parroquia. Ese grupo de persoas amigas que se reúnen cada domingo a celebraren a eucaristía. Ese lugar de encontro onde celebran a fe e rezan todos xuntos a Deus. Esa comunidade onde se bautizan aos fillos ou se despiden aos seres queridos ata o encontro final na outra vida.

Para quen vive na Igrexa buscando nela a comunidade de Xesús, a Igrexa é case sempre fonte de alegría e motivo de sufrimento. Por unha banda, a Igrexa é estímulo e gozo; podemos experimentar dentro dela o recordo de Xesús, escoitar a súa mensaxe, rastrexar o seu espírito, alimentar a nosa fe no Deus vivo. Por outra, a Igrexa fai sufrir, porque observamos nela incoherencias e rutina; con frecuencia é demasiado grande a distancia entre o que se predica e o que se vive; falta vitalidade evanxélica; en moitas cousas vaise ir perdendo o estilo de Xesús.

Esta é a meirande traxedia da Igrexa. Xesús xa non é amado nin venerado como nas primeiras comunidades. Non se coñece nin se comprende a súa orixinalidade. Moitos non chegarán sequera a sospeitar a experiencia salvadora que viviron os primeiros que se atoparon con el. Fixemos unha Igrexa onde non poucos cristiáns se imaxinan que, polo feito de aceptar unhas doutrinas e de cumprir unhas prácticas relixiosas, xa están seguindo a Cristo como os primeiros discípulos.

E, con todo, nisto consiste o núcleo esencial da Igrexa. En vivir a adhesión a Cristo en comunidade, reactualizando a experiencia dos que atoparon nel a proximidade, o amor e o perdón de Deus. Por iso, talvez, o texto eclesiolóxico máis fundamental son estas palabras de Xesús que lemos no evanxeo: «Onde dous ou tres están reunidos no meu nome, alí estou eu no medio deles».

O primeiro quefacer da Igrexa é aprender a «reunirse no nome de Xesús». Alimentar o seu recordo, vivir da súa presenza, reactualizar a súa fe en Deus, abrir hoxe novos camiños ao seu Espírito. Cando isto falta, todo corre o risco de ficar desvirtuado pola nosa mediocridade.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

3º Domingo do Advento – A (Mateus 11,2-11)
08/ Dic/ 2025
3 Avvento – A (Matteo 11,2-11)
08/ Dic/ 2025
3e dimanche de l'Avent – A (Matthieu 11,2-11)
08/ Dic/ 2025
3rd Advent – A (Matt 11,2-11)
08/ Dic/ 2025

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial