• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

24 Tempo ordinario – C (Lucas 15,1-32)

Evangelio del 11/Sept/2016
Publicado el 05/ Sep/ 2016
por Coordinador - Mario González Jurado

24-TOUNHA PARÁBOLA PARA OS NOSOS DÍAS

En ningunha outra parábola quixo Xesús facernos penetrar tan profundamente no misterio de Deus e no misterio da condición humana. Ningunha outra é tan actual para nós como esta de o «Pai bo».

O fillo menor dille ao seu pai: «dáme a parte que me toca da herdanza». Ao reclamala, está pedindo dalgún xeito a morte do seu pai. Quere ser libre, romper ataduras. Non será feliz ata que o seu pai desapareza. O pai cede ao seu desexo sen dicir un chío: o fillo ha elixir libremente o seu camiño.

Non é esta a situación actual? Moitos queren hoxe verse libres de Deus, ser felices sen a presenza dun Pai eterno no seu horizonte. Deus debe desaparecer da sociedade e das conciencias. E, igualiño que na parábola, o Pai garda silencio. Deus non coacciona a ninguén.

O fillo márchase a «un país afastado». Necesita vivir noutro país, lonxe do seu pai e da súa familia. O pai mírao partir, pero non o abandona; o seu corazón de pai acompáñao; cada mañá estarao esperando. A sociedade moderna afástase máis e máis de Deus, da súa autoridade, do seu recordo… Non está Deus acompañándonos mentres o imos perdendo de vista?

Pronto se instala o fillo nunha «vida desordenada». O término orixinal non suxire só unha desorde moral senón unha existencia insá, exasperada, caótica. Ao pouco tempo, a súa aventura empeza a converterse en drama. Sobreveu unha «fame terríbel» e só sobrevive coidando porcos como escravo dun estraño. As súas palabras revelan a súa traxedia: «E eu, aquí, morrendo de fame».

O baleiro interior e a fame de amor poden ser os primeiros signos da nosa lonxanía de Deus. Non é fácil o camiño da liberdade. Que nos falta? Que podería encher o noso corazón? Tendo case todo, por que sentimos tanta fame?

O mozo «entrou dentro de si mesmo» e, afondou no seu propio baleiro, recordou o rostro do seu pai asociado á abundancia de pan: na casa do meu pai «teñen pan» e aquí «eu morro de fame». No seu interior esperta o desexo dunha liberdade nova xunto ao seu pai. Recoñece o seu erro e toma unha decisión: «Poñereime a camiño e volverei ao meu pai».

Poñerémonos en camiño cara a Deus o noso Pai? Moitos faríano se coñecesen a ese Deus que, segundo a parábola de Xesús, «sae correndo ao encontro do seu fillo, bótaselle ao pescozo e ponse a bicalo efusivamente». Eses abrazos e bicos falan do seu amor mellor ca todos os libros de teoloxía. Xunto a el poderiamos atopar unha liberdade máis digna e ditosa.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes
  • google-share

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

Envejecer reconciliados y agradecidos
17/ Jul/ 2025
16 Tempo Comum – C (Lucas 10.38-42)
14/ Jul/ 2025
16 Tempo ordinario – C (Luca 10,38-42)
14/ Jul/ 2025
16 Temps ordinaire – C (Luc 10,38-42)
14/ Jul/ 2025

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial