• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

27 Tempo ordinario – A (Mateu 21,33-43)

Evangelio del 08 / Oct / 2017
Publicado el 02/ Oct/ 2017
por Coordinador - Mario González Jurado

CRISE RELIXIOSA

A parábola dos «viñadores homicidas» é un relato no que Xesús vai descubrindo con acentos alegóricos a historia de Deus co seu pobo elixido. É unha historia triste. Deus coidárao desde o comezo con todo o seu agarimo. Era a súa «viña preferida». Esperaba facer deles un pobo exemplar pola súa xustiza e a súa fidelidade. Sería unha «gran luz» para todos os pobos.

Con todo, aquel pobo foi rexeitando e matando un tras outro aos profetas que Deus lles ía enviando para recoller os froitos dunha vida máis xusta. Para rematar, nun xesto incríbel de amor, envioulles ao seu propio Fillo. Pero os dirixentes daquel pobo terminaron con el. Que pode facer Deus cun pobo que defrauda de xeito tan cego e obstinado as súas expectativas?

Os dirixentes relixiosos que están escoitando atentamente o relato responden espontaneamente nos mesmos termos da parábola: o señor da viña non pode facer outra cousa do que dar morte a aqueles labradores e poñer a súa viña nas mans doutros. Xesús saca rapidamente unha conclusión que non esperan: «Por iso eu vos digo que se vos quitará a vós o reino de Deus e entregaráselle a un pobo que produza froitos».

Comentaristas e predicadores interpretaron con frecuencia a parábola de Xesús como a reafirmación da Igrexa cristiá como o «novo Israel» despois do que o pobo xudeu, coa destrución de Xerusalén o ano 70, se dispersou por todo o mundo.

Con todo, a parábola está a falar tamén de nós. Unha lectura honesta do texto obríganos a facérmonos graves preguntas: estamos producindo nos nosos tempos «os froitos» que Deus espera do seu pobo: xustiza para os excluídos, solidariedade, compaixón cara aos que sofren, perdón?

Deus non ten por que bendicir un cristianismo estéril do que non recibe os froitos que espera. Non ten por que identificarse coa nosa mediocridade, coas nosas incoherencias, desviacións e pouca fidelidade. Se non respondemos ás súas expectativas, Deus seguirá abrindo camiños novos ao seu proxecto de salvación con outras xentes que produzan froitos de xustiza.

Nós falamos de «crise relixiosa», «descristianización», «abandono da práctica relixiosa»… Non estará Deus preparando o camiño que faga posíbel o nacemento dunha Igrexa menos poderosa, pero máis evanxélica; menos numerosa, pero máis entregada a facer un mundo máis humano? Non virán novas xeracións máis fieis a Deus ca nós?

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes
  • google-share

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

Envejecer reconciliados y agradecidos
17/ Jul/ 2025
16 Tempo Comum – C (Lucas 10.38-42)
14/ Jul/ 2025
16 Tempo ordinario – C (Luca 10,38-42)
14/ Jul/ 2025
16 Temps ordinaire – C (Luc 10,38-42)
14/ Jul/ 2025

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial