• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

28 Tempo ordinario – C (Lc 17,11-19)

Evangelio del 13 / Oct / 2019
Publicado el 07/ Oct/ 2019
por Coordinador - Mario González Jurado

CRER SEN AGRADECER

O relato comeza narrando a curación dun grupo de dez leprosos nas proximidades de Samaria. Pero, esta vez, non se detén Lucas nos detalles da curación, senón na reacción dun dos leprosos ao verse curado. O evanxelista describe coidadosamente todos os seus pasos, pois quere sacudir a fe rutineira de non poucos cristiáns.

Xesús pediu aos leprosos que se presentasen aos sacerdotes para obteren a autorización que lles permitise a reintegración na sociedade. Pero un deles, de orixe samaritana, ao ver que estaba curado, no canto de ir aos sacerdotes, volveu buscar a Xesús. Sente que para el comeza unha vida nova. En diante, todo será diferente: poderá vivir de xeito máis digno e ditoso. Sabe a quen llo debe. Necesita atoparse con Xesús.

Volve «loando a Deus a grandes gritos». Sabe que a forza salvadora de Xesús só pode ter a súa orixe en Deus. Agora sente algo novo por ese Pai Bo do que fala Xesús. Non o esquecerá xamais. En diante vivirá dando grazas a Deus. Encomiarao gritando con todas as súas forzas. Todos han saberen que se sente amado por el.

Ao atoparse con Xesús, «bótase aos seus pés dándolle grazas». Os seus compañeiros seguiron o seu camiño para atopáranse cos sacerdotes, pero el sabe que Xesús é o seu único Salvador. Por iso está aquí a carón del dándolle grazas. En Xesús atopou o mellor agasallo de Deus.

Ao concluír o relato, Xesús toma a palabra e fai tres preguntas expresando a súa sorpresa e tristeza ante o ocorrido. Non están dirixidas ao samaritano que ten aos seus pés. Recollen a mensaxe que Lucas quere que se escoite nas comunidades cristiás. «Non ficaron limpos os dez». Non curaron todos? Por que non recoñecen o que recibiron de Xesús? «Os outros nove, onde están?». Por que non están alí? Por que hai tantos cristiáns que viven sen dar grazas Deus case nunca? Por que non senten un agradecemento especial cara a Xesús? Non o coñecen? Non significa nada novo para eles?

«Non volveu máis que este estranxeiro para dar gloria a Deus?». Por que hai persoas afastadas da práctica relixiosa que senten verdadeira admiración e agradecemento cara a Xesús, mentres algúns cristiáns non senten nada especial por el? Benedicto XVI advertía hai uns anos que un agnóstico en busca pode estar máis preto de Deus do que un cristián rutineiro que o é só por tradición ou herdanza. Unha fe que non xera nos crentes alegría e agradecemento é unha fe doente.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes
  • google-share

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

1 Advento – B (Marcos 13,33-37)
27/ Nov/ 2023
1 Avvento – B (Marc 13,33-37)
27/ Nov/ 2023
1 Avent – B (Marc 13,33-37)
27/ Nov/ 2023
1st Advent – B (Mark 13,33-37)
27/ Nov/ 2023

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial