• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

3 Advento – A (Mateu 11,2-11)

Evangelio del 11 / Dic / 2022
Publicado el 05/ Dic/ 2022
por Coordinador - Mario González Jurado
evangelio, Pagola

AMOR Á VIDA

Fronte ás diferentes tendencias destrutivas que se poden detectar na sociedade contemporánea (necrofilia), Erich Fromm fixo unha chamada vigorosa a desenvolvermos todo o que sexa amor á vida (biofilia), se non queremos caer no que o soado científico chama «síndrome de decadencia».

Sen dúbida, teremos de estar moi atentos ás diversas formas de agresividade, violencia e destrución que se xeran na sociedade moderna. Máis ca dun estudo sociolóxico estáse a falar da auténtica «cultura da violencia». Pero hai outras formas máis sutís e, por iso mesmo, máis eficaces de destruír o crecemento e a vida das persoas.

A mecanización do traballo, a masificación do estilo de vida, a burocratización da sociedade, a «cousificación» das relacións, son outros tantos factores que están levando a moitas persoas a sentírense non seres vivos, senón pezas dunha engrenaxe social.

Millóns de individuos viven hoxe en Occidente unhas vidas cómodas, pero monótonas, onde a falta de sentido e de proxecto pode afogar todo crecemento verdadeiramente humano.

Entón, algunhas persoas terminan por perderen o contacto con todo o que é vivo. A súa vida énchese de cousas. Só parecen vibrar adquirindo novos artigos. Funcionan segundo o programa que lles dita a sociedade.

Outras buscan toda clase de estímulos. Necesitan traballar, producir, axitarse ou divertirse. Han experimentaren sempre novas emocións. Algo excitante que lles permita sentírense aínda vivas.

Se algo caracteriza a personalidade de Xesús é o seu amor apaixonado á vida, a súa biofilia. Os relatos evanxélicos preséntano loitando contra todo o que bloquea a vida, a mutila ou empequenece. Sempre atento ao que pode facer crecer ás persoas. Sempre sementando vida, saúde, sentido.

El mesmo trázanos a súa tarefa con expresións tomadas de Isaías: «Os cegos ven e os inválidos andan; os leprosos quedan limpos e os xordos oen; os mortos resucitan e aos pobres anúnciaselles a Boa Nova. E ditoso quen non se senta defraudado por min».

Ditosos en verdade os que descobren que ser crente non é odiar a vida, senón amala, non é bloquear ou mutilar o noso ser, senón abrilo ás súas mellores posibilidades. Moitas persoas abandonan hoxe a fe en Xesús-Cristo antes de experimentaren a verdade destas palabras súas: «Eu vin para que os homes teñan vida, e a teñan en abundancia» (Xoán 10,10).

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes
  • google-share

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

Materiales de profundización – Tema 36 de GJ
25/ Ene/ 2023
4 Tempo normal – A (Mateus 5,1-12)
23/ Ene/ 2023
4 Tempo ordinario – A (Matteo 5,1-12)
23/ Ene/ 2023
4 Temps ordinaire – A (Matthieu 5,1-12)
23/ Ene/ 2023

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial