• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

3 Pascua – A (Lucas 24,13-35)

Evangelio del 26 / Abr / 2020
Publicado el 20/ Abr/ 2020
por Coordinador - Mario González Jurado
espiritualidad, evangelio, renovación

DÚAS EXPERIENCIAS CLAVE

Co pasar dos anos, nas comunidades cristiás foise expondo espontaneamente un problema moi real. Pedro, María Magdalena e os demais discípulos viviran experiencias moi «especiais» de encontro con Xesús vivo despois da súa morte. Experiencias que a eles os levaron a «crer» en Xesús resucitado. Pero os que se achegaron máis tarde ao grupo de seguidores, como podían espertar e alimentar esa mesma fe?

Este é tamén hoxe o noso problema. Nós non vivimos o encontro co Resucitado que viviron os primeiros discípulos. Con que experiencias podemos contar nós? Isto é o que expón o relato dos discípulos de Emaús.

Os dous camiñan cara ás súas casas, tristes e abatidos. A súa fe en Xesús apagouse. Xa non esperan nada del. Todo foi unha ilusión. Xesús, que os segue sen facerse notar, alcánzaos e camiña con eles. Lucas expón así a situación: «Xesús púxose a camiñar con eles, pero os seus ollos non eran capaces de recoñecelo». Que poden facer eles para experimentaren a súa presenza viva a carón deles?

O importante é que estes discípulos non esquecen a Xesús; «conversan e discuten» sobre el; lembran as súas «palabras» e os seus «feitos» de gran profeta; deixan que aquel descoñecido lles vaia explicando o ocorrido. Os seus ollos non se abren enseguida, pero «o seu corazón comeza a arder».

É o primeiro que necesitamos nas nosas comunidades: lembrar a Xesús, profundar na súa mensaxe e na súa actuación, meditar na súa crucifixión… Se, nalgún momento, Xesús nos conmove e as súas palabras chegan até dentro e o noso corazón comeza a arder, é sinal de que a nosa fe está espertando.

Non abonda con iso. Segundo Lucas é necesaria a experiencia da cea eucarística. Por máis que aínda non saben quen é, os dous camiñantes senten necesidade de Xesús. Failles ben a súa compaña. Non queren que os deixe: «Queda connosco». Lucas sublíñao con gozo: «Xesús entrou para ficar con eles». E na cea ábrenselles os ollos.

Estas son as dúas experiencias clave: sentir que o noso corazón arde ao lembrar a súa mensaxe, a súa actuación e a súa vida enteira; sentir que, ao celebrar a eucaristía, a súa persoa aliméntanos, fortalécenos e consólanos. Así crece na Igrexa a fe no Resucitado.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes
  • google-share

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

La señal de los cristianos
15/ Abr/ 2021
"Caminantes, en camino" - Grupo "Volver"
14/ Abr/ 2021
3 Pascoa – B (Lucas 24,35-48)
12/ Abr/ 2021
3 Pasqua – B (Luca 24,35-48)
12/ Abr/ 2021

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial
× Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies. Aceptar