• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

3 da Pascua – B (Lucas 24,35-48)

Evangelio del 19/04/2015
Publicado el 13/ Abr/ 2015
por Coordinador - Mario González Jurado

821287CRER POR EXPERIENCIA PROPIA

Non é fácil crer en Xesús resucitado. En última instancia é algo que só pode ser captado e comprendido desde a fe que o mesmo Xesús esperta en nós. Se non experimentamos nunca «por dentro» a paz e a alegría que Xesús infunde, é difícil que atopemos «por fóra» probas da súa resurrección.

Algo disto vénnos dicir Lucas ao describirnos o encontro de Xesús resucitado co grupo de discípulos. Entre eles hai de todo. Dous discípulos están contando como o recoñeceron ao cear con el en Emaús. Pedro di que se lle apareceu. A maioría non ha ter aínda ningunha experiencia. Non saben que pensar.

Entón «Xesús preséntase no medio deles e dilles: “Paz para vós”». O primeiro para espertar a nosa fe en Xesús resucitado é poder intuír, tamén hoxe, a súa presenza no medio de nós, e facer circular nos nosos grupos, comunidades e parroquias a paz, a alegría e a seguridade que dá sabelo vivo, acompañándonos de pertiño nestes tempos nada fáciles para a fe.

O relato de Lucas é moi realista. A presenza de Xesús non transforma de xeito máxico aos discípulos. Algúns asústanse e «cren que están a ver unha pantasma». No interior doutros «xorden dúbidas» de todo tipo. Hai quen non o acaban de crer «pola alegría». Outros seguen «atónitos».

Así sucede tamén hoxe. A fe en Cristo resucitado non nace de xeito automático e segura en nós. Vaise espertando no noso corazón de forma fráxil e humilde. No comezo, é case só un desexo. De ordinario, crece rodeada de dúbidas e interrogantes: será posíbel que sexa verdade algo tan grande?

Segundo o relato, Xesús fica, come entre eles, e dedícase a «abrirlles o entendemento» para que poidan comprenderen o que sucedeu. Quere que se convertan en «testemuñas», que poidan falaren desde a súa experiencia, e predicaren non de calquera xeito, senón «no seu nome».

Crer no Resucitado non é cuestión dun día. É un proceso que, ás veces, pode durar anos. O importante é a nosa actitude interior. Confiar sempre en Xesús. Facerlle moito máis sitio en cada un de nós e nas nosas comunidades cristiás.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes
  • google-share

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

La señal de los cristianos
15/ Abr/ 2021
"Caminantes, en camino" - Grupo "Volver"
14/ Abr/ 2021
3 Pascoa – B (Lucas 24,35-48)
12/ Abr/ 2021
3 Pasqua – B (Luca 24,35-48)
12/ Abr/ 2021

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial
× Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies. Aceptar