• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

32 Tempo ordinario – C (Lucas 20,27-38)

Evangelio del 6 / Nov / 2022
Publicado el 31/ Oct/ 2022
por Coordinador - Mario González Jurado
evangelio, Pagola

É RIDÍCULO ESPERARMOS EN DEUS?

Os saduceos non gozaban de popularidade entre as xentes das aldeas. Era un sector composto por familias ricas pertencentes á elite de Xerusalén, de tendencia conservadora, tanto no seu xeito de viviren a relixión como na súa política de buscaren un entendemento co poder de Roma. Non sabemos moito máis.

O que podemos dicir é que «negaban a resurrección». Considerábana unha «novidade» propia de xente inxenua. Non lles preocupaba a vida máis aló da morte. A eles íalles ben nesta vida. Para que preocupárense de máis?

Un día achéganse a Xesús para ridiculizaren a fe na resurrección. Preséntanlle un caso absolutamente irreal, froito da súa fantasía. Fálanlle de sete irmáns que han ir casando sucesivamente coa mesma muller, para asegurárenlle a continuidade do nome, o honor e a herdanza á rama masculina daquelas poderosas familias saduceas de Xerusalén. É o único que entenden.

Xesús critica a súa visión da resurrección: é ridículo pensar que a vida definitiva xunto a Deus vaia consistir en reproducir e prolongar a situación desta vida, e en concreto desas estruturas patriarcais das que se benefician os varóns ricos.

A fe de Xesús na outra vida non consiste en algo tan irrisorio: «O Deus de Abrahán, de Isaac e de Xacobe non é un Deus de mortos, senón de vivos». Xesús non pode nin imaxinar que a Deus se lle vaian morrendo os seus fillos; Deus non vive por toda a eternidade rodeado de mortos. Tampouco pode imaxinar que a vida cabo Deus consista en perpetuar as desigualdades, inxustizas e abusos deste mundo.

Cando se vive de xeito frívolo e satisfeito, gozando do propio benestar e esquecendo aos que viven sufrindo, é fácil pensar só nesta vida. Pode parecer ata ridículo alimentar outra esperanza.

Cando se comparte un pouco o sufrimento das maiorías pobres, as cousas cambian: Que dicirmos dos que morren sen coñeceren o pan, a saúde ou o amor? Que dicirmos de tantas vidas malogradas ou sacrificadas inxustamente? É ridículo alimentarmos a esperanza en Deus?

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes
  • google-share

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

33 Tempo Comum – C (Lucas 21,5-19)
10/ Nov/ 2025
33 Tempo ordinario – C (Luca 21,5-19)
10/ Nov/ 2025
33 Temps ordinaire – C (Luc 21,5-19)
10/ Nov/ 2025
33rd Ordinary Sunday – C (Luke 21,5-19)
10/ Nov/ 2025

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial