• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

4 Advento – C (Lucas 1,39-45)

Evangelio del 20/dic/2015
Publicado el 14/ Dic/ 2015
por Coordinador - Mario González Jurado

04_adviento_CTRAZOS DE MARÍA

A visita de María a Isabel permítelle ao evanxelista Lucas poñer en contacto ao Bautista e a Xesús incluso antes de ter nado. A escena está cargada dunha atmosfera moi especial. As dúas van ser nais. As dúas foron chamadas para colaborar no plan de Deus. Non hai varóns. Zacarías ficou mudo. Xosé está sorprendentemente ausente. As dúas mulleres ocupan toda a escena.

María que chegou á présa desde Nazaré convértese na figura central. Todo vira en torno a ela e ao seu Fillo. A súa imaxe brilla cuns trazos máis xenuínos do que moitos outros que lle foron engadidos posteriormente a partir de advocacións e títulos máis afastados do clima dos evanxeos.

  • María, «a nai do meu Señor». Así o proclama Isabel a gritos e chea do Espírito Santo. É certo: para os seguidores de Xesús, María é, primeiro de nada, a Nai do noso Señor. Este é o punto de partida de toda a súa grandeza. Os primeiros cristiáns nunca separan a María de Xesús. Son inseparábeis. «Bendicida por Deus entre todas as mulleres», ela ofrécenos a Xesús, «froito bendito do seu ventre».
  • María, a crente. Isabel decláraa ditosa porque «creu». María é grande non simplemente pola súa maternidade biolóxica, senón por acoller con fe a chamada de Deus a ser Nai do Salvador. Soubo escoitar a Deus; gardou a súa Palabra dentro do seu corazón; meditouna; púxoa en práctica cumprindo fielmente a súa vocación. María é Nai crente.
  • María, a evanxelizadora. María ofrece a todos a salvación de Deus que acolleu no seu propio Fillo. Esa é a súa grande misión e o seu servizo. Segundo o relato, María evanxeliza non só cos seus xestos e palabras, senón porque alá onde vai leva consigo a persoa de Xesús e o seu Espírito. Isto é o esencial do acto evanxelizador.
  • María, portadora de alegría. O saúdo de María contaxia a alegría que brota do seu Fillo Xesús. Ela foi a primeira en escoitar a invitación de Deus: «Alégrate… o Señor está contigo». Agora, desde unha actitude de servizo e de axuda a quen a necesitan, María irradia a Boa Noticia de Xesús, o Cristo, ao que sempre leva consigo. Ela é para a Igrexa o mellor modelo dunha evanxelización gozosa.

 

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes
  • google-share

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

Los Grupos de Jesús en San Marcos Sierras, Córdoba (Argentina)
11/ Jun/ 2025
Santíssima Trindade – C (João 16,12-15)
09/ Jun/ 2025
Santissima Trinità – C (Giovanni 16,12-15)
09/ Jun/ 2025
Sainte Trinité – C (Jean 16,12-15)
09/ Jun/ 2025

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial