• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

4 Tempo Ordinario – B (Marcos 1,21-28)

Evangelio del 01/02/2015
Publicado el 26/ Ene/ 2015
por Coordinador - Mario González Jurado

793782UN ENSINAR NOVO

O episodio é sorprendente e arrepiante. Todo ocorre na «sinagoga», o lugar onde se ensina oficialmente a Lei, tal como é interpretada polos mestres autorizados. Sucede en «sábado», o día en que os xudeus observantes se reúnen para escoitaren o comentario dos seus dirixentes. É neste marco onde Xesús comeza por vez primeira a «ensinar».

Nada se di do contido das súas palabras. Non é iso o que aquí interesa, senón o impacto que produce a súa intervención. Xesús provoca asombro e admiración. A xente capta nel algo especial que non atopa nos seus mestres relixiosos: Xesús «non ensina como os escribas, senón con autoridade».

Os letrados ensinan en nome da institución. Atéñense ás tradicións. Citan unha e outra vez a mestres ilustres do pasado. A súa autoridade provén da súa función de interpretaren oficialmente a Lei. A autoridade de Xesús é diferente. Non vén da institución. Non se basea na tradición. Ten outra fonte. Está cheo do Espírito vivificador de Deus.

Van poder comprobalo de seguida. De forma inesperada, un posuído interrompe a gritos o seu ensino. Non o pode soportar. Está aterrorizado: «viñeches a acabar connosco?». Aquel home sentíase ben ao escoitar o ensino dos escribas. Por que se sente agora ameazado?

Xesús non vén destruír a ninguén. Precisamente a súa «autoridade» está en dar vida ás persoas. O seu ensino humaniza e libera de escravitudes. As súas palabras invitan a confiar en Deus. A súa mensaxe é a mellor noticia que pode escoitar aquel home atormentado interiormente. Cando Xesús o cura, a xente exclama: «este ensinar con autoridade é novo».

As sondaxes indican que a palabra da Igrexa está perdendo autoridade e credibilidade. Non basta falar de xeito autoritario para anunciar a Boa Noticia de Deus. Non é suficiente transmitir correctamente a tradición para abrir os corazóns á alegría da fe. O que necesitamos urxentemente é un ensinar novo.

Non somos «escribas», senón discípulos de Xesús. Temos de comunicar a súa mensaxe, non as nosas tradicións. Temos de ensinar curando a vida, non adoutrinando as mentes. Temos de anunciar o seu Espírito, non as nosas teoloxías.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes
  • google-share

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

5 Pâques – C (Jean 13,31-33a.34-35)
12/ May/ 2025
5 Pascua – C (Juan 13,31-33a.34-35)
12/ May/ 2025
5 Pasqua – C (Giovanni 13,31-33a.34-35)
12/ May/ 2025
5th Easter – C (John 13,31-33a.34-35)
12/ May/ 2025

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial