• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

6 Pascua – B (Xoán 15,9-17)

Evangelio del 5 / May / 2024
Publicado el 29/ Abr/ 2024
por Coordinador - Mario González Jurado
evangelio, Pagola

DO MEDO AO AMOR

Non se trata dunha frase máis. Este mandato, cargado de misterio e de promesa, é a clave do cristianismo: «Como o Pai me amou, así vos amei eu: permanecede no meu amor». Estamos a tocar aquí o corazón mesmo da fe cristiá, o criterio último para discernir a súa verdade. Unicamente «permanecendo no amor» podemos camiñar na verdadeira dirección. Esquecer este amor é perdérmonos nós mesmos, entrarmos por camiños non cristiáns, deformarlo todo, desvirtuar o cristianismo desde a súa raíz.

E, con todo, non sempre permanecemos neste amor. Na vida de bastantes cristiáns houbo e aínda hai demasiado temor, demasiada falta de confianza filial en Deus. A predicación que alimentou a eses cristiáns esqueceu demasiado o amor de Deus, afogando así aquela alegría inicial, viva e contaxiosa que tivo o cristianismo.

Aquilo que un día foi «Boa Noticia», porque anunciaba ás xentes «o amor insondábel» de Deus, converteuse para bastantes na mala noticia dun Deus ameazador, que é rexeitado case instintivamente porque non deixa ser nin vivir.

Con todo, a fe cristiá só pode ser vivida, sen traizoar a súa esencia, como experiencia positiva, confiada e gozosa. Por iso, neste momento en que moitos abandonan un determinado «cristianismo» –o único que coñecen–, temos de preguntarnos se, na xestación deste abandono, e xunto con outros factores, non se agocha unha reacción colectiva contra un anuncio de Deus pouco fiel ao evanxeo.

A aceptación de Deus ou o seu rexeitamento xógase, en gran parte, no modo en que o sentimos para nós. Se o percibimos só coma un vixiante implacábel da nosa conduta, faremos calquera cousa para evitalo e fuxir del. Se o experimentamos como amigo que impulsa a nosa vida, buscarémolo con gozo. Por iso, un dos servizos máis grandes que a Igrexa pode facer ao ser humano é axudarlle a pasar do medo ao amor de Deus.

Sen dúbida hai un temor a Deus que é san e fecundo. A Escritura considérao «o comezo da sabedoría». É o temor de malograrmos a nosa vida pechándonos a el. Un temor que esperta á persoa na superficialidade e faina volverse cara a Deus. Pero hai un medo a Deus que é malo e non achega a Deus. Pola contra, afasta cada vez máis del. É un medo que deforma o verdadeiro ser de Deus, facéndoo inhumano. Un medo danoso, sen fundamento real, que afoga a vida e o crecemento san da persoa.

Para moitos, este pode ser o cambio decisivo. Pasarmos do medo a Deus, que non xera senón rexeitamento máis ou menos disimulado, a unha confianza nel que fai brotar en nós esa alegría prometida por Xesús: «Díxenvos isto para que a miña alegría estea en vós, e a vosa alegría chegue á plenitude».

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

Materiales de profundización – Tema 9
21/ Ene/ 2026
3 Domingo do Tempo Comum – A (Mateus 4,12–23)
19/ Ene/ 2026
3 Tempo ordinario – A (Matteo 4,12-23)
19/ Ene/ 2026
3e temps ordinaire – A (Matthieu 4,12-23)
19/ Ene/ 2026

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial