• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

6 Tempo ordinario – C (Lucas 6,17.20-26)

Evangelio del 16 / Feb / 2025
Publicado el 10/ Feb/ 2025
por Coordinador - Mario González Jurado
evangelio, Pagola


TOMAR EN SERIO AOS POBRES

Afeitos a escoitarmos as «benaventuranzas» tal como aparecen no evanxeo de Mateo, fáisenos duro aos cristiáns dos países ricos ler o texto que nos ofrece Lucas. Ao parecer, este evanxelista –e non poucos dos seus lectores– pertencía a unha clase acomodada. Con todo, lonxe de suavizar a mensaxe de Xesús, Lucas preséntao de maneira máis provocativa.

Onda ás «benaventuranzas» aos pobres, o evanxelista lembra as «malaventuranzas» aos ricos: «Ditosos os pobres… os que agora tedes fame… os que agora chorades». Pero, «ai de vós, os ricos… os que agora estades saciados… os que agora rides». O Evanxeo non pode ser escoitado de igual maneira por todos. Mentres para os pobres é unha Boa Nova que os convida á esperanza, para os ricos é unha ameaza que os chama á conversión. Como escoitar esta mensaxe nas nosas comunidades cristiás?

Primeiro de nada, Xesús ponnos a todos ante a realidade máis sanguenta que hai no mundo, a que máis lle fai sufrir, a que máis chega ao corazón de Deus, a que está máis presente ante os seus ollos. Unha realidade que, desde os países ricos, tratamos de ignorar, encubrindo de mil maneiras a inxustiza máis cruel, da que en boa parte nós somos cómplices.

Queremos continuar alimentando o autoengano ou abrir os ollos á realidade dos pobres? Temos vontade de verdade? Tomaremos algunha vez en serio a esa inmensa maioría dos que viven desnutridos e sen dignidade, os que non teñen voz nin poder, os que non contan para a nosa marcha cara ao benestar?

Os cristiáns non descubrimos aínda a importancia que poden ter os pobres na historia do cristianismo. Eles dannos máis luz do que ninguén para vérmonos na nosa propia verdade, sacoden a nosa conciencia e convídannos á conversión. Eles pódennos axudar a configurarmos a Igrexa do futuro de maneira máis evanxélica. Pódennos facer máis humanos: máis capaces de austeridade, solidariedade e xenerosidade.

O abismo que separa a ricos e pobres segue crecendo de maneira imparábel. No futuro será cada vez máis difícil presentármonos ante o mundo como Igrexa de Xesús ignorando aos máis débiles e indefensos da Terra. Ou tomamos en serio aos pobres ou esquecemos o Evanxeo. Nos países ricos resultaranos cada vez máis difícil escoitarmos a advertencia de Xesús: «Non podedes servir a Deus e ao diñeiro». Farásenos insoportábel.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes
  • google-share

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

6 Páscoa – C (João 14,23-29)
19/ May/ 2025
6 Pascua – C (Juan 14,23-29)
19/ May/ 2025
6 Pasqua – C (Giovanni 14,23-29)
19/ May/ 2025
6 Pâques – C (Jean 14,23-29)
19/ May/ 2025

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial