• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

6 Tempo ordinario – A (Mateu 5,17-37)

Evangelio del 12 / Feb / 2017
Publicado el 06/ Feb/ 2017
por Coordinador - Mario González Jurado

NON Á GUERRA ENTRE NÓS

Os xudeus falaban con orgullo da Lei de Moisés. Segundo a tradición, Deus mesmo lla regalou ao seu pobo. Era o mellor que recibiran del. Esa Lei abrangue a vontade do único Deus verdadeiro. Aí poden atopar todo o que necesitan para seren fieis a Deus.

Tamén para Xesús a Lei é importante, pero xa non ocupa o lugar central. El vive e comunica outra experiencia: está chegando o reino de Deus; o Pai está buscando abrirse camiño entre nós para facer un mundo máis humano. Non chega con quedarnos en cumprir a Lei de Moisés. É necesario abrírmonos ao Pai e colaborar con el para facermos a vida máis xusta e fraterna.

Por iso, segundo Xesús, non abonda cumprir a Lei, que ordena «non matarás». É necesario, ademais, arrincar da nosa vida a agresividade, o desprezo ao outro, os insultos  as vinganzas ou as desavinzas. Aquel que non mata cumpre a Lei, pero, se non se libera da violencia, no seu corazón non reina aínda ese Deus que busca construír connosco unha vida máis humana.

Segundo algúns observadores, estase estendendo na sociedade actual unha linguaxe que reflicte o crecemento da agresividade. Cada vez son máis frecuentes os insultos ofensivos, proferidos só para humillar, desprezar e ferir. Palabras nadas do rexeitamento, o resentimento, o odio ou a vinganza.

Por outra banda, as conversacións están a miúdo tecidas de palabras inxustas que reparten condenas e sementan sospeitas. Palabras ditas sen amor e sen respecto que envelenan a convivencia e fan dano. Palabras nadas case sempre da irritación, da mesquindade ou da baixeza.

Non é este un feito que se dea só na convivencia social. É tamén un grave problema no interior da Igrexa. O papa Francisco sofre ao ver divisións, conflitos e enfrontamentos de «cristiáns en guerra contra outros cristiáns». É un estado de cousas tan contrario ao Evanxeo que sentiu a necesidade de dirixirnos unha chamada urxente: «Non á guerra entre nós».

Así fala o papa: «Dóeme comprobar como nalgunhas comunidades cristiás, e aínda entre persoas consagradas, consentimos diversas formas de odios, calumnias, difamacións, vinganzas, celos, desexos de impor as propias ideas a cargo de calquera cousa, e ata persecucións que parecen unha implacábel caza de bruxas. A quen imos evanxelizar con eses comportamentos?». O papa quere traballar por unha Igrexa na que «todos poidan admirar como vos coidades uns a outros, como vos dades alento mutuamente e como vos acompañades».

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

Materiales de profundización – Tema 9
21/ Ene/ 2026
3 Domingo do Tempo Comum – A (Mateus 4,12–23)
19/ Ene/ 2026
3 Tempo ordinario – A (Matteo 4,12-23)
19/ Ene/ 2026
3e temps ordinaire – A (Matthieu 4,12-23)
19/ Ene/ 2026

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial