• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

24 Tempo ordinario – C (Lucas 15,1-32)

Evangelio del 14 / Sept / 2025
Publicado el 08/ Sep/ 2025
por Coordinador - Mario González Jurado
evangelio, Pagola

O OUTRO FILLO

Sen dúbida, a parábola máis cativadora de Xesús é a do «Pai bo», mal chamada «parábola do Fillo pródigo». Precisamente este «fillo menor» atraeu case sempre a atención de comentaristas e predicadores. A súa volta ao fogar e a acollida incríbel do pai conmoveron a todas as xeracións cristiás.

Con todo, a parábola fala tamén do «fillo maior», un home que permanece onda o seu pai sen imitar a vida desordenada que o seu irmán leva lonxe do fogar. Cando lle informan da festa organizada polo seu pai para acoller ao fillo perdido, queda desconcertado. O retorno do irmán non lle produce alegría, coma ao seu pai, senón rabia: «Indígnase e négase a entrar» na festa. Nunca se marchou de casa, pero agora séntese como un estraño entre os seus.

O pai sae convidalo co mesmo agarimo con que acolleu ao seu irmán. Non lle grita nin lle dá ordes. Con amor humilde «trata de persuadilo» para que entre na festa da acollida. É entón cando o fillo explota, deixando ao descuberto todo o seu resentimento. Pasou toda a súa vida cumprindo ordes do pai, pero non aprendeu a amar como ama el. Só sabe esixir os seus dereitos e denigrar ao seu irmán.

Esta é a traxedia do fillo maior. Nunca se marchou de casa, pero o seu corazón estivo sempre lonxe. Sabe cumprir mandamentos, pero non sabe amar. Non entende o amor do seu pai a aquel fillo perdido. El non acolle nin perdoa, non quere saber nada do seu irmán. Xesús conclúe a súa parábola sen satisfacer a nosa curiosidade: entrou na festa ou ficou fóra?

Envoltos na crise relixiosa da sociedade moderna, habituámonos a falar de crentes e increntes, practicantes e afastados, matrimonios bendicidos pola Igrexa e parellas en situación irregular… Mentres nós seguimos clasificando aos seus fillos e fillas, Deus séguenos esperando a todos, pois non é propiedade só dos bos nin dos practicantes. É Pai de todos.

O «fillo maior» interpélanos aos que cremos vivirmos onda el. Que estamos a facer os que non abandonamos a Igrexa? Asegurar a nosa supervivencia relixiosa observando o mellor posíbel o prescrito ou ser testemuñas do amor grande de Deus a todos os seus fillos e fillas? Estamos a construírmos comunidades abertas que saben comprender, acoller e acompañar a quen busca a Deus entre dúbidas e interrogantes? Levantamos barreiras ou tendemos pontes? Ofrecémoslles amizade ou mirámolos con receo?

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

Materiales de profundización – Tema 10
24/ Abr/ 2026
4 Domingo da Páscoa – A (João 10,1-10)
20/ Abr/ 2026
4 Pasqua – A (Giovanni 10,1-10)
20/ Abr/ 2026
4 Pâques – A (Jean 10,1-10)
20/ Abr/ 2026

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial