• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

Bautismo do Señor – C (Lucas 3,15-16.21-22)

Evangelio del 09 / Ene / 2022
Publicado el 03/ Ene/ 2022
por Coordinador - Mario González Jurado
evangelio, Pagola

PARA QUE CRER?

Son bastantes os homes e mulleres que un día foron bautizados polos seus pais e hoxe non saberían definiren exactamente cal é a súa postura ante a fe. Quizá a primeira pregunta que xorde no seu interior é moi sinxela: para que crer? Cambia algo a vida crer ou non crer? Serve a fe realmente para algo?

Estas preguntas nacen da súa propia experiencia. Son persoas que aos poucos arredaron a Deus da súa vida. Hoxe Deus non conta en absoluto para elas á hora de orientar e dar sentido á súa existencia.

Case sen darse conta, un ateísmo práctico vaise instalando no fondo do seu ser. Non preocupa que Deus exista ou deixe de existir. Todo iso parece un problema ben estraño que é mellor deixar de lado para asentármonos na vida sobre bases máis realistas.

Deus non lles di nada. Afixéronse a viviren sen el. Non experimentan nostalxia ou baleiro algún pola súa ausencia. abandonaron a fe e todo marcha na súa vida tan ben ou mellor do que antes. Para que crer?

Esta pregunta só é posíbel cando un «foi bautizado con auga», pero non descubriu que significa «ser bautizado co Espírito de Xesús Cristo». Cando un segue pensando erroneamente que ter fe é crer unha serie de cousas enormemente estrañas que nada teñen a ver coa vida e non coñece aínda a experiencia viva de Deus.

Atoparse con Deus significa sabernos acollidos por el no medio da soidade; sentírmonos consolados na dor e a depresión; recoñecernos perdoados do pecado e a mediocridade; sentírmonos fortalecidos na impotencia e caducidade; vernos impulsados a amar e crear vida no medio da fraxilidade.

Para que crer? Para vivirmos a vida con máis plenitude; para situarmos todo na súa verdadeira perspectiva e dimensión; para vivirmos incluso os acontecementos máis triviais e insignificantes con máis profundidade.

Para que crer? Para atrevérmonos a ser humanos ata o final; para non afogarmos o noso desexo de vida ata o infinito; para defendermos a nosa liberdade sen render o noso ser a calquera ídolo; para permanecermos abertos a todo o amor, a verdade, a tenrura que hai en nós. Para non perdermos nunca a esperanza no ser humano nin na vida.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

Santíssima Trindade – A (João 3,16-18)
25/ May/ 2026
Santissima Trinità – A (Giovanni 3,16-18)
25/ May/ 2026
Sainte Trinité – A (Jean 3,16-18)
25/ May/ 2026
Holy Trinity – A (John 3,16-18)
25/ May/ 2026

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial