• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

Domingo 23 Tempo ordinario – B (Marcos 7,31-37)

Evangelio del 09 / Sept / 2018
Publicado el 03/ Sep/ 2018
por Coordinador - Mario González Jurado

CURAR A XORDEIRA

A curación dun xordomudo na rexión pagá de Sidón está narrada por Marcos cunha intención claramente pedagóxica. É un enfermo moi especial. Nin oe nin fala. Vive encerrado en si mesmo, sen comunicarse con ninguén. Non se decata de que Xesús está pasando preto del. Son outros os que o levan ata o Profeta.

Tamén a actuación de Xesús é especial. Non impón as súas mans sobre del, como lle pediron, senón que o toma separadamente e lévao a un lugar retirado da xente. Alí, primeiro traballa intensamente os seus oídos e logo a súa lingua. Quere que o enfermo senta o seu contacto curador. Só un encontro profundo con Xesús poderá curalo dunha xordeira tan tenaz.

Ao parecer, non é suficiente todo aquel esforzo. A xordeira resístese. Entón Xesús acode ao Pai, fonte de toda salvación: mirando ao ceo, suspira e grítalle ao enfermo unha soa palabra: Effetá, é dicir, «Ábrete». Esta é a única palabra que pronuncia Xesús en todo o relato. Non está dirixida aos oídos do xordo, senón ao seu corazón.

Sen dúbida, Marcos quere que esta palabra de Xesús resoe con forza nas comunidades cristiás que lerán o seu relato. Coñece ben o fácil que é vivirmos xordos á Palabra de Deus. Tamén hoxe hai cristiáns que non se abren á Boa Noticia de Xesús nin falan a ninguén da súa fe. Comunidades xordomudas que escoitan pouco o Evanxeo e comunícano mal.

Talvez un dos pecados máis graves dos cristiáns hoxe é esta xordeira. Non nos detemos a escoitar o Evanxeo de Xesús. Non vivimos co corazón aberto para acollermos as súas palabras. Por iso non sabemos escoitar con paciencia e compaixón a tantos que sofren sen recibiren apenas o agarimo nin a atención de ninguén.

Ás veces diríase que a Igrexa, nacida de Xesús para anunciar a súa Boa Noticia, vai facendo o seu propio camiño, esquecida con frecuencia da vida concreta de preocupacións, medos, traballos e esperanzas da xente. Se non escoitamos ben as chamadas de Xesús, non poñeremos palabras de esperanza na vida dos que sofren.

Hai algo paradoxal nalgúns discursos da Igrexa. Dinse grandes verdades, pero non tocan o corazón das persoas. Algo disto está sucedendo nestes tempos de crises. A sociedade non está esperando «doutrina relixiosa» dos especialistas, pero escoita con atención unha palabra clarividente, inspirada no Evanxeo de Xesús cando é pronunciada por unha Igrexa sensíbel ao sufrimento das vítimas, e é quen de saber saír instintivamente na súa defensa invitando a todos a estaren preto dos que máis axuda necesitan para viviren con dignidade.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes
  • google-share

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

5 Pâques – C (Jean 13,31-33a.34-35)
12/ May/ 2025
5 Pascua – C (Juan 13,31-33a.34-35)
12/ May/ 2025
5 Pasqua – C (Giovanni 13,31-33a.34-35)
12/ May/ 2025
5th Easter – C (John 13,31-33a.34-35)
12/ May/ 2025

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial