• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

Domingo 3 Pascua – B (Lucas 24,35-48)

Evangelio del 15 / Abr / 2018
Publicado el 09/ Abr/ 2018
por Coordinador - Mario González Jurado

TESTEMUÑAS

Lucas describe o encontro do Resucitado cos seus discípulos coma unha experiencia fundante. O desexo de Xesús é claro. A súa tarefa non terminou na cruz. Resucitado por Deus despois da súa execución, toma contacto cos seus para pór en marcha un movemento de «testemuñas» capaces de contaxiaren a todos os pobos a súa Boa Noticia: «Vós sodes as miñas testemuñas».

Non é doado converter en testemuñas a aqueles homes afundidos no desconcerto e no medo. Ao longo de toda a escena, os discípulos permanecen calados, en silencio total. O narrador só describe o seu mundo interior: están cheos de terror; só senten turbación e incredulidade; todo aquilo parécelles demasiado fermoso para ser verdade.

É Xesús quen vai rexenerar a súa fe. O máis importante é que non se sintan sos. Han sentilo cheo de vida no medio deles. Estas son as primeiras palabras que han escoitar do Resucitado: «A paz sexa convosco… Por que xorden dúbidas no voso interior?».

Cando esquecemos a presenza viva de Xesús no medio de nós; cando o ocultamos cos nosos protagonismos; cando a tristeza nos impide sentirmos todo menos a súa paz; cando nos contaxiamos uns a outros pesimismo e incredulidade …, estamos pecando contra o Resucitado. Así non é posíbel unha Igrexa de testemuñas.

Para espertaren a súa fe, Xesús non lles pide que miren o seu rostro, senón as súas mans e os seus pés. Que vexan as súas feridas de crucificado. Que teñan sempre ante os seus ollos o seu amor entregado ata a morte. Non é unha pantasma: «Son eu en persoa». O mesmo a quen coñeceron e amaron polos camiños de Galilea.

Sempre que pretendemos fundamentarmos a fe no Resucitado coas nosas elucubracións convertémolo nunha pantasma. Para atopármonos con el habemos percorrer o relato dos Evanxeos; descubrir esas mans que bendicían aos enfermos e acariñaban aos nenos, eses pés cansos de camiñaren ao encontro dos máis esquecidos; descubrir as súas feridas e a súa paixón. É ese Xesús o que agora vive resucitado polo Pai.

Malia velos cheos de medo e de dúbidas, Xesús confía nos seus discípulos. El mesmo enviaralles o Espírito que os sosterá. Por iso encoméndalles que prolonguen a súa presenza no mundo: «Vós sodes testemuñas destas cousas». Non han  ensinar doutrinas sublimes, senón contaxiaren a súa experiencia. Non han predicar grandes teorías sobre Cristo, senón irradiaren o seu Espírito. Han facelo críbel coa súa vida, non só con palabras. Este é sempre o verdadeiro problema da Igrexa: a falta de testemuñas.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes
  • google-share

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

La señal de los cristianos
15/ Abr/ 2021
"Caminantes, en camino" - Grupo "Volver"
14/ Abr/ 2021
3 Pascoa – B (Lucas 24,35-48)
12/ Abr/ 2021
3 Pasqua – B (Luca 24,35-48)
12/ Abr/ 2021

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial
× Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies. Aceptar