• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

Nadal – C (Xoán 1,1-18)

Evangelio del 25/dic/2015
Publicado el 21/ Dic/ 2015
por Coordinador - Mario González Jurado

05_Día de Navidad-CA NOSTALXIA DO NADAL

O Nadal é unha festa chea de nostalxia. Cántase a paz, pero non sabemos construíla. Desexámonos felicidade, pero cada vez parece máis difícil ser feliz. Comprámonos mutuamente agasallos, pero o que necesitamos é tenrura e afecto. Cantamos a un meniño Deus, pero nos nosos corazóns apágase a fe. A vida non é como quixeramos, pero non sabemos facela mellor.

Non é só un sentimento de Nadal. A vida enteira está transida de nostalxia. Nada enche enteiramente os nosos desexos. Non hai riqueza que poida proporcionar paz total. Non hai amor que responda plenamente aos desexos máis fondos. Non hai profesión que poida satisfacer do todo as nosas aspiracións. Non é posíbel ser amados por todos.

A nostalxia pode ter efectos moi positivos. Permítenos descubrir que os nosos desexos van máis aló do que hoxe podemos posuír ou gozar. Axúdanos a mantermos aberto o horizonte da nosa existencia a algo máis grande e pleno que todo o que coñecemos.

Ao mesmo tempo, ensínanos a non pedir á vida o que non nos poida dar, a non esperarmos das relacións o que non nos poden proporcionar. A nostalxia non nos deixa vivir encadeados só a este mundo.

É fácil vivirmos afogando o desexo de infinito que latexa no noso ser. Encerrámonos nunha coiraza que nos fai insensíbeis ao que pode haber máis aló do que vemos e tocamos. A festa do Nadal, vivida desde a nostalxia, crea un clima diferente: estes días cáptase mellor a necesidade de fogar e seguridade. A pouco que un entre en contacto co seu corazón, intúe que o misterio de Deus é o noso destino último.

Se un é crente, a fe invítao estes días a descubrir ese misterio, non nun país estraño e inaccesíbel, senón nun neno recentemente nado. Así de simple e de incríbel. Temos de achegármonos a Deus como nos achegamos a un neno: de xeito suave e sen ruídos; sen discursos solemnes, con palabras sinxelas nadas do corazón. Atopámonos con Deus cando lle abrimos o mellor que hai en nós.

A pesar do ton frívolo e superficial que se crea na nosa sociedade, o Nadal pode achegarnos a Deus. Polo menos, se o vivimos con fe sinxela e corazón limpo.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes
  • google-share

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

Una nueva oración para una nueva evangelización
22/ May/ 2025
6 Páscoa – C (João 14,23-29)
19/ May/ 2025
6 Pascua – C (Juan 14,23-29)
19/ May/ 2025
6 Pasqua – C (Giovanni 14,23-29)
19/ May/ 2025

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial