• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

Natividade do Señor – B (Lucas 2,1-14)

Evangelio del 25 / Dic / 2017
Publicado el 19/ Dic/ 2017
por Coordinador - Mario González Jurado

NUN PRESEBE

Segundo o relato de Lucas, a mensaxe do anxo aos pastores é quen nos ofrece as claves para ler desde a fe o misterio que se encerra nun neno nado en estrañas circunstancias nas contornas de Belén.

É noite. Unha claridade descoñecida ilumina as tebras que cobren Belén. A luz non descende sobre o lugar onde se atopa o neno, senón que envolve aos pastores que escoitan a mensaxe. O neno fica oculto na escuridade, nun lugar descoñecido. É necesario facermos un esforzo para descubrilo.

Estas son as primeiras palabras que temos de escoitar: «Non temades. Anúnciovos unha grande alegría, que será para todo o pobo». É algo moi grande o que sucedeu. Todos temos motivo para alegrármonos. Ese neno non é de María e Xosé. Naceunos a todos. Non é só duns privilexiados. É para toda a xente.

Os cristiáns non temos de acapararmos estas festas. Xesús é dos que o seguen con fe e dos que o esqueceron, de quen confían en Deus e dos que dubidan de todo. Ninguén está só fronte aos seus medos. Ninguén está só na súa soidade. Hai Alguén que pensa en nós.

Así o proclama o mensaxeiro: «Naceuvos hoxe un Salvador: o Mesías, o Señor». Non é o fillo do emperador Augusto, dominador do mundo, celebrado como salvador e portador da paz grazas ao poder das súas lexións. O nacemento dun poderoso non é unha boa noticia nun mundo onde os débiles son vítima de toda clase de abusos.

Este neno nace nun pobo sometido ao Imperio. Non ten cidadanía romana. Ninguén espera en Roma o seu nacemento. Pero é o Salvador que necesitamos. Non estará ao servizo de ningún César. Non traballará para ningún imperio. É o Fillo de Deus que se fai home. Só buscará o reino do seu Pai e a súa xustiza. Vivirá para facer a vida máis humana. Nel atopará este mundo inxusto a salvación de Deus.

Onde está este neno? Como o podemos recoñecer? Así di o mensaxeiro: «Isto serviravos de sinal: atoparedes un neno envolto en capizos e deitado nunha manxadoira». O neno naceu coma un excluído. Os seus pais non lle puideron atopar un lugar acolledor. A súa nai deu a luz sen axuda de ninguén. Ela mesma valeuse como puido para envolvelo en capizos e deitalo nunha manxadoira.

Neste presebe comeza Deus a súa aventura entre os homes. Non o atoparemos entre os poderosos, senón nos débiles. Non está no grandioso e espectacular, senón no pobre e o pequeno. Vaiamos a Belén; volvamos ás raíces da nosa fe. Busquemos a Deus onde se encarnou.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes
  • google-share

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

Banco de oraciones – Tema 26
20/ Abr/ 2021
4 Pascoa – B (João 10,11-18)
19/ Abr/ 2021
4 Pasqua – B (Giovanni 10,11-18)
19/ Abr/ 2021
4 Pâques – B (Jean 10,11-18)
19/ Abr/ 2021

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial
× Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies. Aceptar