• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

Pentecoste – A (Xoán 20,19-23)

Evangelio del 31 / May / 2020
Publicado el 25/ May/ 2020
por Coordinador - Mario González Jurado
espiritualidad, evangelio, renovación

BARRO ANIMADO
POLO ESPÍRITO

Xoán coidou moito a escena en que Xesús vai confiar aos seus discípulos a súa misión. Quere deixar ben claro que é o esencial. Xesús está no centro da comunidade, enchendo a todos coa súa paz e alegría. Pero aos discípulos espéralles unha misión. Xesús non os convocou só para gozar del, senón para facelo eles presente no mundo.

Xesús «envíaos». Non lles di en concreto a quen teñen de ir, o que han facer ou como han actuar: «Como o Pai me enviou, así tamén vos envío eu». A súa tarefa é a mesma de Xesús. Non teñen outra: a que Xesús recibiu do Pai. Teñen que ser no mundo o que foi el.

Xa viron a quen se achegou, como tratou aos máis desvalidos, como levou adiante o seu proxecto de humanizar a vida, como sementou xestos de liberación e de perdón. As feridas das súas mans e o seu costado lémbranlles a súa entrega total. Xesús envíaos agora para que «reproduzan» a súa presenza entre as xentes.

Pero sabe que os seus discípulos son fráxiles. Máis dunha vez quedou moi sorprendido da súa «fe tan pequeniña». Necesitan o seu propio Espírito para cumprir a súa misión. Por iso disponse a facer con eles un xesto moi especial. Non lles impón as súas mans nin os bendí, como facía cos enfermos e os pequenos: «Exhala o seu alento sobre eles e dilles: Recibide o Espírito Santo».

O xesto de Xesús ten unha forza que non sempre sabemos captar. Segundo a tradición bíblica, Deus modelou a Adán con «barro»; logo soprou sobre del o seu «alento de vida»; e aquel barro converteuse nun «vivente». Iso é o ser humano: un pouco de barro alentado polo Espírito de Deus. E iso será sempre a Igrexa: barro alentado polo Espírito de Xesús.

Crentes fráxiles e de fe pequena: cristiáns de barro, teólogos de barro, sacerdotes e bispos de barro, comunidades de barro… Só o Espírito de Xesús nos converte en Igrexa viva. As zonas onde o seu Espírito non é acollido quedan «mortas». Fannos dano a todos, pois impídennos actualizar a súa presenza viva entre nós. Moitos non poden captar en nós a paz, a alegría e a vida renovada por Cristo. Non habemos bautizar só con auga, senón infundir o Espírito de Xesús. Non só habemos de falar de amor, senón amar ás persoas coma el.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes
  • google-share

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

Las tareas del laico en la Iglesia
22/ Oct/ 2025
30 Tempo Comum – C (Lucas 18,9-14)
20/ Oct/ 2025
30 Tempo ordinario – C (Luca 18,9-14)
20/ Oct/ 2025
30 Temps ordinaire – C (Luc 18,9-14)
20/ Oct/ 2025

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial