• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

Pentecostes – B (Xoán 20,19-23)

Evangelio del 20 / May / 2018
Publicado el 14/ May/ 2018
por Coordinador - Mario González Jurado

RENÓVANOS
POR DENTRO

Aos poucos estamos aprendendo a vivirmos sen interioridade. Xa non necesitamos estar en contacto co mellor que hai dentro de nós. Abóndanos con vivirmos entretidos. Contentámonos con funcionarmos sen alma e alimentármonos só de benestar. Non queremos expoñernos a buscar a verdade. Ven, Espírito Santo, e libéranos do baleiro interior.

Aprendemos a vivirmos sen raíces e sen metas. Chéganos con deixarnos programar desde fóra. Movémonos e axitámonos sen cesar, pero non sabemos que queremos nin cara a onde imos. Estamos cada vez mellor informados, pero sentímonos máis perdidos do que nunca. Ven, Espírito Santo, e libéranos da desorientación.

Apenas nos interesan xa as grandes cuestións da existencia. Non nos preocupa ficarmos sen luz para enfrontármonos á vida. Fixémonos máis escépticos, pero tamén máis fráxiles e inseguros. Queremos ser intelixentes e lúcidos. Pero non atopamos acougo nin paz. Ven, Espírito Santo, e libéranos da escuridade e a confusión interior.

Queremos vivir máis, vivirmos mellor, vivirmos máis tempo, pero vivir que? Queremos sentirnos ben, sentirnos mellor, pero sentir que? Buscamos gozar intensamente da vida, sacarlle o máximo proveito, pero non nos contentamos só con pasalo ben. Facemos o que nos apetece. Apenas hai prohibicións nin terreos vedados. Por que queremos algo diferente? Ven, Espírito Santo, e ensínanos a vivir.

Queremos ser libres e independentes e atopámonos cada vez máis sos. Necesitamos vivir e encerrármonos no noso pequeno mundo, ás veces tan aburrido. Necesitamos sentirnos queridos e non sabemos crearmos contactos vivos e amigábeis. Ao sexo chamámolo «amor», e ao pracer, «felicidade», pero quen saciará a nosa sede? Ven, Espírito Santo, e ensínanos a amar.

Na nosa vida xa non hai sitio para Deus. A súa presenza quedou reprimida ou atrofiada dentro de nós. Cheos de ruídos por dentro, xa non podemos escoitarmos a súa voz. Envorcados en mil desexos e sensacións, non acertamos a percibir a súa proximidade. Sabemos falar con todos menos con el. aprendemos a vivirmos de costas ao Misterio. Ven, Espírito Santo, e ensínanos a crer.

Crentes e non crentes, pouco crentes e malos crentes, así peregrinamos moitas veces pola vida. Na festa cristiá do Espírito Santo, Xesús dinos a todos o que un día lles dixo aos seus discípulos, exhalando sobre eles o seu alento: «Recibide o Espírito Santo». Ese Espírito que sostén as nosas pobres vidas e alenta a nosa débil fe pode penetrar en nós e reavivar a nosa existencia por camiños que só el coñece.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes
  • google-share

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

Banco de oraciones – Tema 40 de Grupos de Jesús
20/ Sep/ 2023
25 Tempo ordinário – A (Mateus 20,1-16)
18/ Sep/ 2023
25 Tempo ordinario – A (Matteo 20,1-16)
18/ Sep/ 2023
25 Temps ordinaire – A (Matthieu 20,1-16)
18/ Sep/ 2023

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial