• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

Santísima Trindade – A (Xoán 3,16-18)

Evangelio del 7 / Jun / 2020
Publicado el 01/ Jun/ 2020
por Coordinador - Mario González Jurado
espiritualidad, evangelio, renovación

ABRIRNOS AO MISTERIO DE DEUS

Ao longo dos séculos, os teólogos realizaron un gran esforzo por achegárense ao misterio de Deus formulando con diferentes construcións conceptuais as relacións que vinculan e diferencian ás Persoas divinas no seo da Trindade. Esforzo, sen dúbida, lexítimo, nado do amor e o desexo de Deus.

Xesús, con todo, non segue ese camiño. Desde a súa propia experiencia de Deus, convida aos seus seguidores a relacionárense de maneira confiada con Deus Pai, a seguiren fielmente os seus pasos de Fillo de Deus encarnado, e a deixárense guiar e alentar polo Espírito Santo. Ensínaos así a abrírense ao misterio santo de Deus.

Primeiro de nada, Xesús convida aos seus seguidores a viviren coma fillos e fillas dun Deus próximo, bo e entrañábel, ao que todos podemos invocar como Pai querido. O que caracteriza a este Pai non é o seu poder e a súa forza, senón a súa bondade e a súa compaixón infinitas. Ninguén está só. Todos temos un Deus Pai que nos comprende, quérenos e perdóanos como ninguén.

Xesús descóbrenos que este Pai ten un proxecto nado do seu corazón: construír con todos os seus fillos e fillas un mundo máis humano e fraterno, máis xusto e solidario. Xesús chámao «reino de Deus», e convida a todos a entrar nese proxecto do Pai buscando unha vida máis xusta e digna para todos, empezando polos seus fillos máis pobres, indefensos e necesitados.

Ao mesmo tempo, Xesús convida aos seus seguidores a que confíen tamén nel: «Non se turbe o voso corazón. Credes en Deus; crede tamén en min». El é o Fillo de Deus, imaxe viva do seu Pai. As súas palabras e os seus xestos descóbrennos como nos quere o Pai de todos. Por iso convida a todos a seguilo. El ensinaranos a vivirmos con confianza e docilidade ao servizo do proxecto do Pai.

Co seu grupo de seguidores, Xesús quere formar unha familia nova onde todos busquen «cumprir a vontade do Pai». Esta é a herdanza que quere deixar na terra: un movemento de irmáns e irmás ao servizo dos máis pequenos e desvalidos. Esa familia será símbolo e xerme do novo mundo querido polo Pai.

Para isto necesitan acolleren ao Espírito que alenta o Pai e ao seu Fillo Xesús: «Vós recibiredes a forza do Espírito Santo, que virá sobre vós, e así seredes as miñas testemuñas». Este Espírito é o amor de Deus, o alento que comparten o Pai e o seu Fillo Xesús, a forza, o impulso e a enerxía vital que fará dos seguidores de Xesús as súas testemuñas e colaboradores ao servizo do gran proxecto da Trindade Santa.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

11 Domingo do Tempo Comum – A (Mateus 9,36–10,8)
08/ Jun/ 2026
11 Tempo ordinario – A (Matteo 9,36–10,8)
08/ Jun/ 2026
11 Temps ordinaire – A (Matthieu 9,36–10,8)
08/ Jun/ 2026
11th Ordinary Sunday – A (Matt 9,36–10,8)
08/ Jun/ 2026

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial