• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

12 Tempo ordinario – C (Lucas 9,18-24)

Evangelio del 19/Jun/2016
Publicado el 13/ Jun/ 2016
por Coordinador - Mario González Jurado

12-TOCREMOS EN XESÚS?

As primeiras xeracións cristiás conservaron o recordo deste episodio evanxélico como un relato de importancia vital para os seguidores de Xesús. A súa intuición era certeira. Sabían que a Igrexa de Xesús debería escoitar unha e outra vez a pregunta que un día fixo Xesús aos seus discípulos nas proximidades de Cesárea de Filipo: «Vós, quen dicides que son eu?».

Se nas comunidades cristiás deixamos apagar a nosa fe en Xesús, perderemos a nosa identidade. Non acertaremos a vivir con audacia creadora a misión que Xesús nos confiou; non nos atreveremos a enfrontármonos ao momento actual, abertos á novidade do seu Espírito; asfixiarémonos na nosa mediocridade.

Non son tempos fáciles os nosos. Se non volvemos a Xesús con máis verdade e fidelidade, a desorientación iranos paralizando; as nosas grandes palabras seguirán perdendo credibilidade. Xesús é a clave, o fundamento e a fonte de todo o que somos, dicimos e facemos. Quen é hoxe Xesús para os cristiáns?

Nós confesamos, como Pedro, que Xesús é o «Mesías de Deus», o Enviado do Pai. É certo: Deus amou tanto ao mundo que nos regalou a Xesús. Sabemos os cristiáns acoller, coidar, gozar e celebrar este grande agasallo de Deus? É Xesús o centro das nosas celebracións, encontros e reunións?

Confesámolo tamén «Fillo de Deus». El pódenos ensinar a coñecer mellor a Deus, a confiar máis na súa bondade de Pai, a escoitar con máis fe a súa chamada a construír un mundo máis fraterno e xusto para todos. Estamos descubrindo nas nosas comunidades o verdadeiro rostro de Deus encarnado en Xesús? Sabemos anuncialo e comunicalo como unha grande noticia para todos?

Chamamos a Xesús «Salvador» porque ten forza para humanizar as nosas vidas, liberar as nosas persoas e encamiñar a historia humana cara á súa verdadeira e definitiva salvación. É esta a esperanza que se respira entre nós? É esta a paz que se contaxia desde as nosas comunidades?

Confesamos a Xesús como o noso único «Señor». Non queremos ter outros señores nin someternos a ídolos falsos. Pero, ocupa Xesús realmente o centro das nosas vidas?, dámoslle primacía absoluta nas nosas comunidades?, poñémolo por cima de todo e de todos? Somos de Xesús? É el quen nos anima e fai vivir?

A grande tarefa dos cristiáns é hoxe axuntar forzas e abrir camiños para reafirmar moito máis a centralidade de Xesús na súa Igrexa. Todo o demais vén despois.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

Materiales de profundización – Tema 9
21/ Ene/ 2026
3 Domingo do Tempo Comum – A (Mateus 4,12–23)
19/ Ene/ 2026
3 Tempo ordinario – A (Matteo 4,12-23)
19/ Ene/ 2026
3e temps ordinaire – A (Matthieu 4,12-23)
19/ Ene/ 2026

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial