• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

2 Coresma – A (Mateu 17,1-9)

Evangelio del 12 / Mar / 2017
Publicado el 06/ Mar/ 2017
por Coordinador - Mario González Jurado

ESCOITAR A XESÚS

O centro dese relato complexo, chamado tradicionalmente a «transfiguración de Xesús», ocúpao unha voz que vén dunha estraña «nube luminosa», un símbolo que se emprega na Biblia para falar da presenza sempre misteriosa de Deus, que se nos manifesta e, ao mesmo tempo, se nos oculta.

A voz di estas palabras: «Este é o meu Fillo, en quen me comprazo. Escoitádeo». Os discípulos non han confundir a Xesús con ninguén, nin sequera con Moisés ou Elías, representantes e testemuñas do Antigo Testamento. Só Xesús é o Fillo querido de Deus, o que ten o seu rostro «refulxente coma o sol».

Pero a voz engade algo máis: «Escoitádeo». Noutros tempos, Deus revelara a súa vontade por medio dos «dez mandamentos» da Lei. Agora a vontade de Deus resúmese e concrétase nun só mandato: «Escoitade a Xesús». A escoita establece a verdadeira relación entre os seguidores e Xesús.

Ao oíren isto, os discípulos caen ao chan «aterrados de medo». Están arrepiados por aquela experiencia tan próxima de Deus, pero tamén asustados polo que oíron: poderán viviren escoitando só a Xesús, e recoñecendo só nel a presenza misteriosa de Deus?

Entón Xesús «achégase, tócaos e dilles: “Levantádevos. Erguédevos. Non teñades medo!”». Sabe que necesitan experimentar a súa proximidade humana: o contacto da súa man, non só o resplandor divino do seu rostro. Sempre que escoitamos a Xesús no silencio do noso ser, as súas primeiras palabras dinnos: «Levántate, non teñas medo».

Moitas persoas só coñecen a Xesús de oídas. O seu nome resúltalles talvez familiar, pero o que saben del non vai máis aló dalgúns recordos e impresións da infancia. Ata, aínda que se chamen cristiáns, viven sen escoitar no seu interior a Xesús. E sen esa experiencia non é posíbel coñecer a súa paz inconfundíbel nin a súa forza para alentar e soster a nosa vida.

Cando un crente se detén a escoitar en silencio a Xesús, no interior da súa conciencia escoita sempre algo como isto:

«Non teñas medo. Abandónate con toda sinxela no misterio de Deus. A túa pouca fe abonda. Non te inquietes. Se me escoitas, has descubrir que o amor de Deus consiste en estar sempre perdoándote. E, se cres isto, a túa vida cambiará. Coñecerás a paz do corazón».

No libro da Apocalipses pódese ler así: «Mira, estou á porta e chamo; se alguén oe a miña voz e me abre a porta, entrarei na súa casa». Xesús chama á porta de cristiáns e non cristiáns. Podemos abrirlle a porta ou rexeitalo. Pero non é o mesmo vivir con Xesús que sen el.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

3 Domingo da Páscoa – A (Lucas 24,13-35)
13/ Abr/ 2026
3 Pasqua – A (Luca 24,13-35)
13/ Abr/ 2026
3 Pâques – A (Luc 24,13-35)
13/ Abr/ 2026
3rd Easter Sunday – A (Luke 24,13-35)
13/ Abr/ 2026

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial