• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

2 domingo após o Nadal – C (Xoán 1,1-18)

Evangelio del 03/ene/2016
Publicado el 29/ Dic/ 2015
por Coordinador - Mario González Jurado

8_2 D_desp_de Navidad-CRECUPERARMOS A XESÚS

Os crentes temos múltiples e moi diversas imaxes de Deus. Desde nenos imos elaborando a nosa propia idea del, condicionados, sobre todo, polo que escoitamos ás catequistas e predicadores, o que se nos transmite na casa e no colexio ou o que vivimos nas celebracións e actos relixiosos.

Todas estas imaxes que nos facemos de Deus son imperfectas e deficientes, e temos de purificalas unha e outra vez ao longo da vida. Non o debemos esquecer nunca. O evanxeo de Xoán recórdanos de xeito rotundo unha convicción que atravesa toda a tradición bíblica: «A Deus non o viu ninguén xamais».

Os teólogos falamos moito de Deus, case sempre demasiado; parece que o sabemos todo del: en realidade, ningún teólogo viu a Deus. O mesmo sucede cos predicadores e dirixentes relixiosos; falan con seguridade case absoluta; parece que no seu interior non hai dúbidas de ningún xénero: en realidade, ningún deles viu a Deus.

Entón, como purificar as nosas imaxes para non desfigurarmos de xeito grave o seu misterio santo? O mesmo evanxeo de Xoán recórdanos a convicción que sustenta toda a fe cristiá en Deus. Só Xesús, o Fillo único de Deus, é «quen o deu a coñecer». En ningures nos descobre Deus o seu corazón e nos mostra o seu rostro coma en Xesús.

Deus díxonos como é, encarnándose en Xesús. Non se revelou en doutrinas e fórmulas teolóxicas sublimes senón na vida entrañábel de Xesús, no seu comportamento e na súa mensaxe, na súa entrega ata a morte e na súa resurrección. Para aproximármonos a Deus temos de achegármonos ao home no que el sae ao noso encontro.

Sempre que o cristianismo ignora a Xesús ou o esquece, corre o risco de afastarse do Deus verdadeiro e de substituílo por imaxes distorsionadas que desfiguran o seu rostro e nos impide colaborar no seu proxecto de construír un mundo novo máis liberado, xusto e fraterno. Por iso é tan urxente recuperarmos a humanidade de Xesús.

Non basta con confesar a Xesús Cristo de xeito teórico ou doutrinal. Todos necesitamos coñecer a Xesús desde un achegamento máis concreto e vital aos evanxeos, sintonizar co seu proxecto, deixármonos animar polo seu espírito, entrar na súa relación co Pai, seguilo de cerca día a día. Esta é a tarefa apaixonante dunha comunidade que vive hoxe purificando a súa fe. Quen coñece e segue a Xesús vai gozando cada vez máis da bondade insondábel de Deus.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

4º Domingo do Advento – A (Mateus 1,18-24)
15/ Dic/ 2025
4 Avvento – A (Matteo 1,18-24)
15/ Dic/ 2025
4e dimanche de l'Avent – A (Matthieu 1,18-24)
15/ Dic/ 2025
4th Advent – A (Matt 1,18-24)
15/ Dic/ 2025

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial