• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

2 Tempo ordinario – C (Xoán 2,1-11)

Evangelio del 17/ene/2016
Publicado el 11/ Ene/ 2016
por Coordinador - Mario González Jurado

2 TO-CLINGUAXE  DE  XESTOS

O evanxelista Xoán non di que Xesús fixo «milagres» ou «prodixios». El chámaos «signos» porque son xestos que apuntan cara a algo máis profundo do que poden ver os nosos ollos. En concreto, os signos que Xesús realiza, orientan cara á súa persoa e descóbrennos a súa forza salvadora.

O sucedido en Caná de Galilea é o comezo de todos os signos. O prototipo dos que Xesús irá levando a cabo ao longo da súa vida. Nesa «transformación da auga en viño» propónllenos a clave para captar o tipo de transformación salvadora que opera Xesús e o que, no seu nome, han ofrecer os seus seguidores.

Todo ocorre no marco dunha voda, a festa humana por excelencia, o símbolo máis expresivo do amor, a mellor imaxe da tradición bíblica para evocar a comuñón definitiva de Deus co ser humano. A salvación de Xesús Cristo ha ser vivida e ofrecida polos seus seguidores coma unha festa que dá plenitude ás festas humanas cando estas fican baleiras, «sen viño» e sen capacidade de encher o noso desexo de felicidade total.

O relato suxire algo máis. A auga só pode ser saboreada como viño cando, seguindo as palabras de Xesús, é «sacada» de seis grandes tallas de pedra, utilizadas polos xudeus para as súas purificacións. A relixión da lei escrita en táboas de pedra está esgotada; non hai auga capaz de purificar ao ser humano. Esa relixión ha ser liberada polo amor e a vida que comunica Xesús.

Non se pode evanxelizar de calquera xeito. Para comunicar forza transformadora de Xesús non abondan as palabras, son necesarios os xestos. Evanxelizar non é só falar, predicar ou ensinar; menos aínda, xulgar, ameazar ou condenar. É necesario actualizar, con fidelidade creativa, os signos que Xesús facía para introducir a alegría de Deus facendo máis ditosa a vida dura daqueles campesiños.

A moitos contemporáneos a palabra da Igrexa déixaos indiferentes. As nosas celebracións abúrrenos. Necesitan coñecer máis signos próximos e amigábeis por parte da Igrexa para descubriren nos cristiáns a capacidade de Xesús para aliviaren o sufrimento e a dureza da vida.

Quen quererá escoitar hoxe o que xa non se presenta como noticia gozosa, especialmente se se fai invocando o evanxeo con ton autoritario e ameazador? Xesús Cristo é esperado por moitos como unha forza e un estímulo para existir, e un camiño para vivir de xeito máis sensato e gozoso. Se só coñecen unha «relixión augada» e non poden saborear algo da alegría festiva que Xesús contaxiaba, moitos seguirán afastándose.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes
  • google-share

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

Los Grupos de Jesús en San Marcos Sierras, Córdoba (Argentina)
11/ Jun/ 2025
Santíssima Trindade – C (João 16,12-15)
09/ Jun/ 2025
Santissima Trinità – C (Giovanni 16,12-15)
09/ Jun/ 2025
Sainte Trinité – C (Jean 16,12-15)
09/ Jun/ 2025

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial