• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

3 Coresma – B (Xoán 2,13-25)

Evangelio del 07 / Mar / 2021
Publicado el 01/ Mar/ 2021
por Coordinador - Mario González Jurado
evangelio, Pagola

O AMOR NON SE COMPRA

Cando Xesús entra no Templo de Xerusalén non atopa alí xentes que buscan a Deus, senón comercio relixioso. A súa actuación violenta fronte a «vendedores e cambistas» non é senón a reacción do Profeta que se atopa coa relixión convertida en mercado.

Aquel Templo, chamado a ser o lugar no que se tiña de manifestar a gloria de Deus e o seu amor fiel, converteuse no lugar de enganos e abusos, onde reina o afán de diñeiro e o comercio interesado.

Quen coñeza a Xesús non se estrañará da súa indignación. Se algo aparece constantemente no núcleo mesmo da súa mensaxe é a gratuidade de Deus, que ama aos seus fillos e fillas sen límites e só quere ver entre eles amor fraterno e solidario.

Por iso, unha vida convertida en mercado, onde todo se merca e vende, -ata a relación co misterio de Deus-, iso é a perversión máis destrutora do que Xesús quere promover. É certo que a nosa vida só é posíbel desde o intercambio e o servizo mutuo. Todos vivimos dando e recibindo. O risco está en reducirmos as nosas relacións a un comercio interesado, pensando que na vida todo consiste en vender e comprar, sacando o máximo proveito dos demais.

Case sen dármonos conta podemos estar a converternos en «vendedores e cambistas» que non saben facer outra cousa senón negociar. Homes e mulleres incapacitados para amar, que eliminaron da súa vida todo o que sexa dar.

É fácil entón a tentación de negociar ata con Deus. Obsequiámolo con algún culto para quedar ben con el, páganse misas ou fanse promesas para obter algún beneficio del, cúmprense ritos para telo ao noso favor. O grave é esquecer que Deus é amor, e o amor non se compra. Por algo dicía Xesús que Deus «quere amor e non sacrificios».

Tal vez, o primeiro que necesitamos escoitar hoxe na Igrexa é o anuncio da gratuidade de Deus. Nun mundo convertido en mercado, onde todo é esixido, comprado ou gañado, só o gratuíto pode seguir fascinando e sorprendendo, pois é o signo máis auténtico do amor.

Os crentes temos de estar máis atentos a non desfigurar a Deus, que é amor gratuíto, para facérmolo á nosa medida: tan triste, egoísta e pequeno coma as nosas propias vidas mercantilizadas.

Quen coñece «a sensación da graza» e experimentou algunha vez o amor sorprendente de Deus, séntese invitado a irradiar a súa gratuidade e, probabelmente, é quen mellor poderá introducir algo bo e novo nesta sociedade onde tantas persoas morren de soidade, aburrimento e falta de amor.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

3 Domingo da Páscoa – A (Lucas 24,13-35)
13/ Abr/ 2026
3 Pasqua – A (Luca 24,13-35)
13/ Abr/ 2026
3 Pâques – A (Luc 24,13-35)
13/ Abr/ 2026
3rd Easter Sunday – A (Luke 24,13-35)
13/ Abr/ 2026

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial