• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

3 Pascua – A (Lucas 24,13-35)

Evangelio del 23 / Abr / 2023
Publicado el 17/ Abr/ 2023
por Coordinador - Mario González Jurado
evangelio, Pagola

NON FUXIRMOS A EMAÚS

Non son poucos os que miran hoxe á Igrexa con pesimismo e desencanto. Non é a que eles desexarían. Unha Igrexa viva e dinámica, fiel a Xesús Cristo, comprometida de verdade en construír unha sociedade máis humana.

Vena inmóbil e desfasada, excesivamente ocupada en defender unha moral obsoleta que xa a poucos interesa, facendo penosos esforzos por recuperar unha credibilidade que parece atoparse «baixo mínimos». Percíbena como unha institución que está aí case sempre para acusar e condenar, poucas veces para axudar e infundir esperanza no corazón humano. Séntena con frecuencia triste e aburrida, e dalgún xeito intúen –co escritor francés Georges Bernanos– que «o contrario dun pobo cristián é un pobo triste».

A tentación fácil é o abandono e a fuxida. Algúns hai tempo que o fixeron, ata de xeito ruidoso: hoxe afirman case con orgullo crer en Deus, pero non na Igrexa. Outros van distanciándose dela aos poucos, «no bico dos pés e sen facer ruído»: sen advertilo apenas ninguén se vai apagando no seu corazón o afecto e a adhesión doutros tempos.

Certamente sería un erro alimentar nestes momentos un optimismo inxenuo, pensando que chegarán tempos mellores. Máis grave aínda sería pechar os ollos e ignorar a mediocridade e o pecado da Igrexa. Pero o noso maior pecado sería «fuxirmos cara a Emaús», abandonar a comunidade e dispersarnos cada un polo seu camiño, afundidos na decepción e o desencanto.

Temos de aprender a «lección de Emaús». A solución non está en abandonar a Igrexa, senón en refacer nosa vinculación con algún grupo cristián, comunidade, movemento ou parroquia onde poder compartir e reavivar a nosa esperanza en Xesús.

Onde uns homes e mulleres camiñan preguntándose por el e afondar na súa mensaxe, alí faise presente o Resucitado. É fácil que un día, ao escoitar o Evanxeo, sintan de novo «arder o seu corazón». Onde uns crentes atópanse para celebrar xuntos a eucaristía, alí está o Resucitado alimentando as súas vidas. É fácil que un día «se abran os seus ollos» e o vexan.

Por moi morta que apareza ante os nosos ollos, nesta Igrexa habita o Resucitado. Por iso tamén aquí teñen sentido os versos de Antonio Machado: «Crin o meu fogar apagado, revolvín as cinzas… queimeime a man».

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

11 Domingo do Tempo Comum – A (Mateus 9,36–10,8)
08/ Jun/ 2026
11 Tempo ordinario – A (Matteo 9,36–10,8)
08/ Jun/ 2026
11 Temps ordinaire – A (Matthieu 9,36–10,8)
08/ Jun/ 2026
11th Ordinary Sunday – A (Matt 9,36–10,8)
08/ Jun/ 2026

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial