• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

3 Pascua – B (Lucas 24,35-48)

Evangelio del 18 / Abr / 2021
Publicado el 12/ Abr/ 2021
por Coordinador - Mario González Jurado
evangelio, Pagola

COMPAÑEIRO DE CAMIÑO

Hai moitos xeitos de obstaculizar a verdadeira fe. Está a actitude do «fanático» que se agarra a un conxunto de crenzas sen deixarse interrogar nunca por Deus e sen escoitar endexamais a ninguén que poida cuestionar a súa posición. A súa é unha fe pechada onde falta acollida e escoita do Misterio e onde sobra arrogancia. Esta fe non libera da rixidez mental nin axuda a crecer pois non se alimenta do verdadeiro Deus.

Está tamén a posición do «escéptico», que non busca nin se interroga, pois xa non espera nada de Deus, nin da vida, nin de si mesmo. A súa é unha fe triste e apagada. Falta nela o dinamismo da confianza. Nada merece a pena. Todo se reduce a seguir vivindo, sen máis.

Está ademais a postura do «indiferente», que xa non se interesa nin polo sentido da vida nin polo misterio da morte. A súa vida é pragmatismo. Só lle interesa aquilo que pode proporcionarlle seguridade, diñeiro ou benestar. Deus dille cada vez menos. En realidade crer nel para que pode servir?

Está tamén o que se sente «propietario da fe», coma se esta consistise nun «capital» recibido no bautismo e que está aí, non se sabe moi ben onde, sen que un teña que preocuparse de máis. Esta fe non é fonte de vida, senón «herdanza» ou «costume» recibido doutros. Un podería desprenderse dela sen apenas botala en falta.

Está ademais a «fe infantil» de quen non cre en Deus, senón naqueles que falan del. Nunca han ter a experiencia de dialogar sinceramente con Deus, de buscar o seu rostro ou de abandonarse ao seu misterio. Bástalles con crer na xerarquía ou confiar «nos que saben desas cousas». A súa fe non é experiencia persoal. Falan de Deus «de oídas».

En todas estas actitudes falta o máis esencial da fe cristiá: o encontro persoal con Cristo. A experiencia de camiñar pola vida acompañados por alguén vivo con quen podemos contar e en quen nos podemos confiar. Só el nos pode facer vivir, amar e esperar malia os nosos erros, fracasos e pecados.

Segundo o relato evanxélico, os discípulos de Emaús contaban «o que lles aconteceu no camiño». Camiñaban tristes e desesperanzados. Pero algo novo espertou neles ao atopárense cun Cristo próximo e cheo de vida. A verdadeira fe nace sempre do encontro persoal con Xesús como «compañeiro de camiño».

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes
  • google-share

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

27 Tempo ordinário – A (Mateus 21,33-43)
02/ Oct/ 2023
27 Tempo ordinario – A (Matteo 21,33-43)
02/ Oct/ 2023
27 Temps ordinaire – A (Matthieu 21,33-43)
02/ Oct/ 2023
27th Sunday in Ordinary Time – A (Mt 21,33-43)
02/ Oct/ 2023

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial