• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

3 Tempo Ordinario – B (Marcos 1,14-20)

Evangelio del 25/01/2015
Publicado el 19/ Ene/ 2015
por Coordinador - Mario González Jurado

793781IRMOS DETRÁS DE XESÚS

Cando o Bautista foi detido, Xesús veu a Galilea e comezou a «proclamar a Boa Noticia de Deus». Segundo Marcos, non ensina propiamente unha doutrina para que os seus discípulos a aprendan e difundan correctamente. Xesús anuncia un acontecemento que xaestá ocorrendo. El xao está avivir e quere compartir a súa experiencia con todos.

Marcos resume así a súa mensaxe: «Cumpriuse o prazo»: xa non hai que mirar cara atrás. «Está preto o reino de Deus»: pois quere construír un mundo máis humano. «Convertédevos»: non podedes seguir coma se nada estivese ocorrendo; cambiade o voso xeito de pensar e de actuar. «Crede nesta Boa Noticia». Este proxecto de Deus é a mellor noticia que podedes escoitar.

Logo deste solemne resumo, a primeira actuación de Xesús é buscar colaboradores para levar adiante o seu proxecto. Xesús vai «pasando xunto ao lago de Galilea» comezou o seu camiño. É un profeta itinerante que busca seguidores para facer con eles un percorrido apaixonante: vivir abrindo camiños ao reino de Deus. Non é un rabino sentado na súa cátedra, que busca alumnos para formar unha escola relixiosa. Ser cristián non é aprender doutrinas, senón seguirmos a Xesús no seu proxecto de vida.

O que toma a iniciativa sempre é Xesús. Achégase, fixa a súa mirada naqueles catro mariñeiros e chámaos a daren unha orientación nova ás súas vidas. Sen a súa intervención, non nace nunca un verdadeiro cristián. Os crentes temos de vivirmos con máis fe a presenza viva de Cristo e a súa mirada sobre cada un de nós. Se non é el, quen pode dar unha nova orientación ás nosas vidas?

Pero o máis decisivo é escoitarmos desde dentro a súa chamada: «Vinde detrás de min». Non é tarefa dun día. Escoitar esta chamada significa espertarmos á confianza en Xesús, reavivarmos a nosa adhesión persoal a el, termos fe no seu proxecto, identificármonos co seu programa, reproducirmos en nós as súas actitudes? e, deste xeito, gañar máis persoas para o seu proxecto.

Este podería ser hoxe un bo lema para unha comunidade cristiá: Ir detrás de Xesús. Poñelo á fronte de todos. Recordalo cada domingo como o líder que vai por diante de nós. Xerar unha nova dinámica. Centralo todo en seguirmos máis de cerca a Xesús Cristo. As nosas comunidades cristiás transformaríanse. A Igrexa sería diferente.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

Materiales de profundización – Tema 9
21/ Ene/ 2026
3 Domingo do Tempo Comum – A (Mateus 4,12–23)
19/ Ene/ 2026
3 Tempo ordinario – A (Matteo 4,12-23)
19/ Ene/ 2026
3e temps ordinaire – A (Matthieu 4,12-23)
19/ Ene/ 2026

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial