• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

31 Tempo ordinario – C (Lucas 19,1-10)

Evangelio del 30 / Oct / 2022
Publicado el 24/ Oct/ 2022
por Coordinador - Mario González Jurado
evangelio, Pagola

XESÚS AMA AOS RICOS

O encontro de Xesús co rico Zaqueu é un relato coñecido. A escena foi moi traballada por Lucas, preocupado talvez pola dificultade que atopaban algunhas familias ricas para integrárense nas primeiras comunidades cristiás.

Zaqueu é un rico ben coñecido en Xericó. «Pequeno de estatura», pero poderoso «xefe dos recadadores» que controlan o paso de mercancías e mercadorías nunha importante encrucillada de camiños. Non é un home querido. A xente considérao «pecador», excluído da Alianza. Vive explotando aos demais. «Non é fillo de Abrahán».

Con todo, este home quere ver «quen é Xesús». Oíu falar del, pero non o coñece. Non lle importa facer o ridículo actuando de xeito pouco acorde coa súa dignidade: coma un rapaz máis «bota a correr» para pillarlles a dianteira a todos e sóbese a unha figueira». Só busca «ver» a Xesús. Probavelmente nin el mesmo sabe ben que está a buscar a paz, a verdade, un sentido máis digno para a súa vida.

Ao chegar Xesús a aquel punto, «ergue os ollos» e ve a Zaqueu. O relato suxire un intercambio de miradas entre o profeta defensor dos pobres e aquel rico explotador. Xesús chámao polo seu nome: «Zaqueu, baixa de seguida». Non hai que perder máis tempo. «Hoxe mesmo teño de aloxarme na túa casa e estar contigo». Xesús quere entrar no mundo deste rico.

Zaqueu ábrelle a porta da súa casa con alegría. Déixao entrar no seu mundo de diñeiro e poder, mentres en Xericó todos critican a Xesús por entrar «na casa dun pecador».

Ao contacto con Xesús Zaqueu cambia. Empeza a pensar nos «pobres»: compartirá con eles os seus bens. Acórdase dos que son vítimas dos seus negocios: devolveralles con fartura o que lles roubou. Deixa que Xesús introduza na súa vida verdade, xustiza e compaixón. Zaqueu séntese outro. Con Xesús todo é posíbel.

Xesús alégrase porque a «salvación» chegou tamén a esa casa poderosa e rica. A isto veu el: «buscar e salvar o que está perdido». Xesús é sincero: a vida dos que son escravos do diñeiro son vidas perdidas, vidas sen verdade, sen xustiza e sen compaixón cara aos que sofren. Pero Xesús ama aos ricos. Non quere que ningún deles bote a perder a súa vida. Todo rico que lle deixe entrar no seu mundo experimentará a súa forza salvadora.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

Espiritualidad en clave de amistad
17/ Abr/ 2026
3 Domingo da Páscoa – A (Lucas 24,13-35)
13/ Abr/ 2026
3 Pasqua – A (Luca 24,13-35)
13/ Abr/ 2026
3 Pâques – A (Luc 24,13-35)
13/ Abr/ 2026

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial