• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

4 Pascua – A (Xoán 10,1-10)

Evangelio del 07 / May / 2017
Publicado el 01/ May/ 2017
por Coordinador - Mario González Jurado

NOVA RELACIÓN CON XESÚS

Nas comunidades cristiás necesitamos vivir unha experiencia nova de Xesús reavivando a nosa relación con el. Poñelo decididamente no centro da nosa vida. Pasar dun Xesús confesado dun xeito rutineiro a un Xesús acollido vitalmente. O Evanxeo de Xoán fai algunhas suxestións importantes ao falar da relación das ovellas co seu pastor.

O primeiro é «escoitar a súa voz» en toda a súa frescura e orixinalidade. Non confundila co respecto ás tradicións nin coa novidade das modas. Non deixármonos distraer nin aparvar por outras voces estrañas que, aínda que se escoiten no interior da Igrexa, non comunican a súa Boa Noticia.

É importante, ademais, sentírmonos chamados por Xesús «polo noso nome». Deixarnos atraer por el. Descubrirmos aos poucos, e cada vez con máis alegría, que ninguén responde coma el ás nosas preguntas máis decisivas, aos nosos anhelos máis profundos e ás nosas necesidades últimas.

É decisivo «seguir» a Xesús. A fe cristiá non consiste en crer cousas sobre Xesús, senón en crérmolo a el: vivirmos confiando na súa persoa; inspirarnos no seu estilo de vida para orientarmos a nosa propia existencia con lucidez e responsabilidade.

É vital camiñarmos tendo a Xesús «diante de nós». Non facermos o percorrido da nosa vida en solitario. Experimentarmos nalgún momento, aínda que sexa de xeito torpe, que é posible vivir a vida desde a súa raíz: desde ese Deus que se nos ofrece en Xesús, máis humano, máis amigo, máis próximo e salvador do que todas as nosas teorías.

Esta relación viva con Xesús non nace en nós de xeito automático. Vaise espertando no noso interior de forma fráxil e humilde. Ao comezo é case só un desexo. Polo xeral medra rodeada de dúbidas, interrogantes e resistencias. Pero, sen sabermos como, chega un momento no que o contacto con Xesús empeza a marcar decisivamente nosa vida.

Estou convencido de que o futuro da fe entre nós estase decidindo, en boa parte, na conciencia de quen nestes momentos nos sentimos cristiáns. Agora mesmo a fe estase a reavivar ou estase a extinguir nas nosas parroquias e comunidades, no corazón dos sacerdotes e fieis que as formamos.

A increnza empeza a penetrar en nós desde o mesmo momento en que a nosa relación con Xesús perde forza ou fica adurmiñada pola rutina, a indiferenza e a despreocupación. Por iso, o papa Francisco recoñeceu que «necesitamos crear espazos motivadores e sandadores […] lugares onde rexenerar a fe en Xesús». Temos de escoitarmos a súa chamada.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

4 Domingo da Páscoa – A (João 10,1-10)
20/ Abr/ 2026
4 Pasqua – A (Giovanni 10,1-10)
20/ Abr/ 2026
4 Pâques – A (Jean 10,1-10)
20/ Abr/ 2026
4th Easter Sunday – A (John 10,1-10)
20/ Abr/ 2026

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial