• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

6 Pascua – B (Xoán 15,917)

Evangelio del 09 / May / 2021
Publicado el 03/ May/ 2021
por Coordinador - Mario González Jurado
evangelio, Pagola

AO ESTILO DE XESÚS

Xesús estase despedindo dos seus discípulos. Quíxoos apaixonadamente. Amounos co mesmo amor con que o Pai o amou a El. Agora tenos que deixar. Coñece o seu egoísmo. Non saben quererse. Veos aínda discutindo entre si por obteren os primeiros postos. Que será deles?

As palabras de Xesús adquiren un ton solemne. Han quedaren ben gravadas en todos: «Este é o meu mandato: que vos amedes uns a outros como eu vos amei». Xesús non quere que o seu estilo de amar se perda entre os seus. Se un día o esquecen, ninguén os poderá recoñecer como discípulos seus.

De Xesús quedou un recordo imborrábel. As primeiras xeracións resumían así a súa vida: «Pasou por todas partes facendo o ben». Era bo atoparse con el. Buscaba sempre o ben das persoas. Axudaba a vivir. A súa vida foi unha Boa Noticia. Podíase descubrir nel a proximidade boa de Deus.

Xesús ten un estilo inconfundíbel de amar. É moi sensíbel ao sufrimento da xente. Non pode pasar indiferente diante de quen está sufrindo. Ao entrar un día na pequena aldea de Naín atópase cun enterro: unha viúva camiña para dar terra ao seu fillo único. A Xesús sáelle de dentro o seu amor cara a aquela descoñecida: «Muller, non chores». Quen ama como Xesús vive aliviando o sufrimento e secando bágoas.

Os evanxeos recordan como en diversas ocasións Xesús captaba coa súa mirada o sufrimento da xente. Mirábaos e conmovíase: víaos sufrindo ou abatidos, como ovellas sen pastor. Rapidamente púñase a curar aos máis doentes ou a alimentalos coas súas palabras. Quen ama, como Xesús, aprende a mirar os rostros das persoas con compaixón.

É admirábel a dispoñibilidade de Xesús para facer o ben. Non pensa en si propio. Está atento a calquera chamada, disposto sempre a facer o que poida. A un esmoleiro cego que lle pide compaixón mentres vai de camiño acólleo con estas palabras: «Que queres que faga por ti?». Con esta actitude anda pola vida quen ama como Xesús.

Xesús sabe estar xunto aos máis desvalidos. Non fai falta que llo pidan. Fai o que pode por curar as súas doenzas, liberar as súas conciencias ou contaxiar a súa confianza en Deus. Pero non pode resolver todos os problemas daquelas xentes.

Entón dedícase a facer xestos de bondade: abraza aos nenos da rúa: non quere que ninguén se senta orfo; bendí aos enfermos: non quere que se sintan esquecidos por Deus; acariña a pel dos leprosos: non quere que se vexan excluídos. Así son os xestos de quen ama coma Xesús.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

Materiales de profundización – Tema 10
24/ Abr/ 2026
4 Domingo da Páscoa – A (João 10,1-10)
20/ Abr/ 2026
4 Pasqua – A (Giovanni 10,1-10)
20/ Abr/ 2026
4 Pâques – A (Jean 10,1-10)
20/ Abr/ 2026

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial