• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

6 Pascua – C (Xn 14,23-29)

Evangelio del 26 / May / 2019
Publicado el 20/ May/ 2019
por Coordinador - Mario González Jurado

OS ÚLTIMOS DESEXOS DE XESÚS

Xesús estase despedindo dos seus últimos discípulos. Míraos tristes e acovardados. Todos saben que están a viviren as últimas horas co seu Mestre. Que sucederá cando el lles falte? A quen acudirán? Quen os defenderá? Xesús quere infundirlles ánimo descubríndolles os seus últimos desexos.

Que non se perda a miña mensaxe. É o primeiro desexo de Xesús. Que non se esqueza a súa Boa Noticia de Deus. Que os seus seguidores manteñan sempre vivo o recordo do proxecto humanizador do Pai: ese «reino de Deus» do que tanto lles falou. Se o aman, isto é o primeiro que han de coidar. «O que me ama, manterase fiel ás miñas palabras… o quen non me ama non as gardará».

Logo de vinte séculos, que fixemos do Evanxeo de Xesús? Gardámolo fielmente ou estamos a manipulalo desde os nosos propios intereses? Acollémolo no noso corazón ou ímolo esquecendo? Presentámolo con autenticidade ou ocultámolo coas nosas doutrinas?

O Pai enviaravos no meu nome un Defensor. É o segundo desexo de Xesús. Non quere que fiquen orfos. Non sentirán a súa ausencia. O Pai enviaralles o Espírito Santo que os defenderá do risco de desviárense del. Este Espírito que captaron nel, enviándoo cara aos pobres, impulsaraos tamén a eles na mesma dirección.

O Espírito «ensinaralles» a comprender mellor todo o que lles ensinou. Axudaralles a profundar cada vez máis a súa Boa Noticia. «Recordaralles» o que lle escoitaron. Educaraos no seu estilo de vida.

Logo de vinte séculos, que espírito reina entre os cristiáns? Deixámonos guiar polo Espírito de Xesús? Sabemos actualizar a súa Boa Noticia? Vivimos atentos aos que sofren? Cara a onde nos impulsa hoxe o seu alento renovador?

Douvos a miña paz. É o terceiro desexo de Xesús. Quere que vivan coa mesma paz que puideron ver nel, froito da súa unión íntima co Pai. Regálalles a súa paz. Non é como a que lles pode ofrecer o mundo. É diferente. Nacerá no seu corazón se acollen o Espírito de Xesús.

Esa é a paz que han contaxiar sempre que cheguen a un lugar. O primeiro que difundirán ao anunciar o reino de Deus para abrir camiños a un mundo máis san e xusto. Nunca han perder esa paz. Xesús insiste: «Non vos inquietedes nin teñades medo».

Logo de vinte séculos, por que nos paraliza o medo ao futuro? Por que tanto receo ante a sociedade moderna? Hai moita xente que ten fame de Xesús. O papa Francisco é un agasallo de Deus. Todo nos está invitando a camiñar cara a unha Igrexa máis fiel a Xesús e ao seu Evanxeo.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes
  • google-share

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

5 Pâques – C (Jean 13,31-33a.34-35)
12/ May/ 2025
5 Pascua – C (Juan 13,31-33a.34-35)
12/ May/ 2025
5 Pasqua – C (Giovanni 13,31-33a.34-35)
12/ May/ 2025
5th Easter – C (John 13,31-33a.34-35)
12/ May/ 2025

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial