• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

Domingo 19 Tempo ordinario – B (Xoán 6,41-51)

Evangelio del 12 / Ago / 2018
Publicado el 06/ Ago/ 2018
por Coordinador - Mario González Jurado

ATRAÍDOS POLO PAI CARA A XESÚS

Segundo o relato de Xoán, Xesús repite cada vez de xeito máis aberto que vén de Deus para ofrecer a todos un alimento que dá vida eterna. A xente non poden seguiren escoitando algo tan escandaloso sen reaccionaren. Coñecen aos seus pais. Como pode dicir que vén de Deus?

A ninguén nos pode sorprender a súa reacción. É razoábel crer en Xesús Cristo? Como podemos crer que nese home concreto, nacido pouco antes de morrer Herodes o Grande e coñecido pola súa actividade profética na Galilea dos anos trinta, se encarnou o Misterio insondábel de Deus?

Xesús non responde ás súas obxeccións. Vai directamente á raíz da súa incredulidade: «Non sigades murmurando». É un erro resistirse á novidade radical da súa persoa obstinándose en pensaren que xa saben todo da súa verdadeira identidade. Indicaralles o camiño que poden seguir.

Xesús presupón que ninguén pode crer nel se non se sente atraído pola súa persoa. É certo. Talvez, desde a nosa cultura, o entendemos hoxe mellor. Non nos resulta fácil crer en doutrinas ou ideoloxías. A fe e a confianza espértanse en nós cando nos sentimos atraídos por alguén que nos fai ben e nos axuda a vivir.

Pero Xesús advírtelles algo moi importante: «Ninguén pode aceptarme se o Pai, que me enviou, non llo concede». A atracción cara a Xesús prodúcea Deus mesmo. O Pai que o enviou ao mundo esperta o noso corazón para que nos acheguemos a Xesús con gozo e confianza, superando dúbidas e resistencias.

Por iso habemos escoitar a voz de Deus no noso corazón e deixármonos conducir por el cara a Xesús. Deixármonos ensinar docilmente por ese Pai, Creador da vida e Amigo do ser humano: «Todo aquel que escoita ao Pai e recibe o seu ensino, acéptame a min».

A afirmación de Xesús resulta revolucionaria para aqueles xudeus. A tradición bíblica dicía que o ser humano escoita no seu corazón a chamada de Deus a cumprir fielmente a Lei. O profeta Xeremías proclamara así a promesa de Deus: «Eu poñerei a miña Lei dentro de vós e escribireina no voso corazón».

As palabras de Xesús invítannos a vivirmos unha experiencia diferente. A conciencia non é só o lugar recóndito e privilexiado no que podemos escoitar a Lei de Deus. Se no íntimo do noso ser nos sentimos atraídos polo bo, o fermoso, o nobre, o que fai ben ao ser humano, o que constrúe un mundo mellor, facilmente daquela nos sentiremos invitados por Deus a sintonizar con Xesús.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes
  • google-share

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

20 Tempo ordinário – C (Lucas 12,49-53)
08/ Ago/ 2022
20 Tempo ordinario – C (Luca 12,49-53)
08/ Ago/ 2022
20 Temps ordinaire – C (Lc 12,49-53)
08/ Ago/ 2022
20th Sunday in Ordinary Time – C (Luke 12,49-53)
08/ Ago/ 2022

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial