• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

Domingo 28 Tempo ordinario – B (Marcos 10,17-30)

Evangelio del 14 / Oct / 2018
Publicado el 08/ Oct/ 2018
por Coordinador - Mario González Jurado

CON XESÚS NO MEDIO DA CRISE

Un descoñecido achégase a Xesús correndo antes de que se poña a camiño. Ao parecer ten présa para resolver o seu problema: «Que debo facer para herdar a vida eterna?». Non lle preocupan os problemas desta vida. É rico. Todo o ten resolto.

Xesús pono ante a Lei de Moisés. Curiosamente, non lle recorda os dez mandamentos. Só os que prohiben actuar contra o próximo. O mozo é un home bo, un fiel observante da relixión xudía: «Todo iso cumprino xa desde mozo».

Xesús quédaselle mirando con agarimo. É admirábel a vida dunha persoa que non fixo dano a ninguén. Xesús quéreo atraer agora para que colabore con el no seu proxecto de facer un mundo máis humano, e faille unha proposta sorprendente: «Fáltache unha cousa: anda, vai, vende todo o que tes, dálle o diñeiro aos pobres… e logo ven e sígueme».

O rico posúe moitas cousas. Pero fáltalle algo, o único que lle permite seguir a Xesús de verdade. É bo. Pero vive apegado ao seu diñeiro. Xesús pídelle que renuncie á súa riqueza e a poña ao servizo dos pobres. Só compartindo o seu cos necesitados poderá seguir a Xesús colaborando no seu proxecto.

O home séntese incapaz. Necesita benestar. Non ten forzas para vivir sen a súa riqueza. O seu diñeiro está á cima de todo. Renuncia a seguir a Xesús. Chegou a correr entusiasmado cara a el. Agora afástase triste. Non coñecerá nunca a alegría de colaborar con Xesús.

A crise económica estanos invitando aos seguidores de Xesús a darmos pasos cara a unha vida máis sobria, para compartirmos cos necesitados o que temos e verdadeiramente non necesitamos para vivirmos con dignidade. Temos de facernos preguntas moi concretas se queremos seguir a Xesús nestes momentos.

O primeiro é revisarmos a nosa relación co diñeiro: que facer co noso diñeiro? Para que aforrar? En que investir? Con quen compartir o que non necesitamos?

Logo revisarmos o noso consumo para facelo máis responsábel e menos compulsivo e superfluo: que compramos? Onde compramos? Para que compramos? A quen podemos axudar para eles compraren o que están a necesitar?

Son preguntas que temos de facernos no fondo da nosa conciencia e tamén nas nosas familias, comunidades cristiás e institucións de Igrexa. Non serán xestos heroicos, pero, se damos pequenos pasos nesta dirección, coñeceremos a alegría de seguirmos a Xesús contribuíndo a facer a crise dalgúns un pouco máis humana e levadeira. Se non é así, sentirémonos bos cristiáns, pero á nosa relixión faltaralle alegría.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes
  • google-share

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

Grupo de Jesús San Pío X de Valladolid
08/ Abr/ 2021
¿Por qué buscáis entre los muertos al que vive?
06/ Abr/ 2021
2 Pascoa – B (João 20,19-31)
05/ Abr/ 2021
2 Pasqua – B (Giovanni 20,19-31)
05/ Abr/ 2021

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial
× Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies. Aceptar