• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

Domingo 33 Tempo ordinario – B (Marcos 13,24-32)

Evangelio del 18 / Nov / 2018
Publicado el 12/ Nov/ 2018
por Coordinador - Mario González Jurado

NINGUÉN SABE O DÍA

O mellor coñecemento da linguaxe apocalíptica, construída de imaxes e recursos simbólicos para falar do fin do mundo, permítenos hoxe escoitarmos a mensaxe esperanzadora de Xesús sen caermos na tentación de sementar angustia e terror nas conciencias.

Un día, a historia apaixonante do ser humano sobre a terra, chegará ao seu final. Esta é a convicción firme de Xesús. Esta é tamén a previsión da ciencia actual. O mundo non é eterno. Esta vida terminará. Que vai ser das nosas loitas e traballos, dos nosos esforzos e aspiracións?

Xesús fala con sobriedade. Non quere alimentar ningunha curiosidade morbosa. Corta de raíz calquera intento de especular con cálculos, datas ou prazos. «Ninguén sabe o día ou a hora…, só o Pai». Nada de psicoses ante o final. O mundo está en boas mans. Non camiñamos cara ao caos. Podemos confiarmos en Deus, o noso Creador e Pai.

Desde esta confianza total, Xesús expón a súa esperanza: a creación actual terminará, pero será para deixar paso a un nova creación, que terá por centro a Cristo resucitado. É posíbel crer algo tan grandioso? Podemos falar así antes de que nada ocorra?

Xesús recorre a imaxes que todos poden entenderen. Un día o sol e a lúa, que hoxe iluminan a terra e fan posíbel a vida, apagaranse. O mundo quedará ás escuras. Apagarase tamén a historia da humanidade? Terminarán así as nosas esperanzas?

Segundo a versión de Marcos, no medio desa noite poderase ver ao «Fillo do home», é dicir, a Cristo resucitado, que virá «con gran poder e gloria». A súa luz salvadora iluminarao todo. El será o centro dun mundo novo, o principio dunha humanidade renovada para sempre.

Xesús sabe que non é fácil crer nas súas palabras. Como pode probar que as cousas sucederán así? Cunha sinxeleza sorprendente invita a vivir esta vida como unha primavera. Todos coñecen a experiencia: a vida que parecía morta durante o inverno comeza a espertar; nas ramas da figueira brotan de novo pequenas follas. Todos saben que o verán está cerca.

Esta vida que agora coñecemos é como a primavera. Aínda non é posíbel recollermos. Non podemos obter logros definitivos. Pero hai pequenos signos de que a vida está en xestación. Os nosos esforzos por un mundo mellor non se perderán. Ninguén sabe o día, pero Xesús virá. Coa súa vinda desvelarase o misterio último da realidade, que os crentes chamamos Deus. A nosa historia apaixonante chegará á súa plenitude.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes
  • google-share

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

Una nueva oración para una nueva evangelización
22/ May/ 2025
6 Páscoa – C (João 14,23-29)
19/ May/ 2025
6 Pascua – C (Juan 14,23-29)
19/ May/ 2025
6 Pasqua – C (Giovanni 14,23-29)
19/ May/ 2025

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial