• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

Pentecoste – A (Xoán 20,19-23)

Evangelio del 28 / May / 2023
Publicado el 22/ May/ 2023
por Coordinador - Mario González Jurado
evangelio, Pagola

NOVO INICIO

Aterrados pola execución de Xesús, os discípulos refúxianse nunha casa coñecida. De novo están reunidos, pero xa non está Xesús con eles. Na comunidade hai un baleiro que ninguén pode encher. Fáltalles Xesús. Non poden escoitar as súas palabras cheas de lume. Non poden velo bendicindo con tenrura aos desgraciados. A quen seguirán agora?

Está anoitecendo en Xerusalén e tamén no seu corazón. Ninguén os pode consolar da súa tristeza. Aos poucos, o medo vaise apoderando de todos. E non teñen a Xesús para que os fortaleza co seu ánimo. O único que lles dá certa seguridade é «pechar as portas». Xa ninguén pensa en saír polos camiños a anunciaren o reino de Deus e curar a vida. Sen Xesús, como van contaxiar a súa Boa Noticia?

O evanxelista Xoán describe de xeito insuperábel a transformación que se produce nos discípulos cando Xesús, cheo de vida, se fai presente no medio deles. O Resucitado está de novo no centro da súa comunidade. Así ha de ser para sempre. Con el todo é posíbel: liberármonos do medo, abrir as portas e poñer en marcha a evanxelización.

Segundo o relato, o primeiro que infunde Xesús á súa comunidade é a súa paz. Ningún reproche por telo abandonado, ningunha queixa nin reprobación. Só paz e alegría. Os discípulos senten o seu alento creador. Todo comeza de novo. Impulsados polo seu Espírito, seguirán colaborando ao longo dos séculos no mesmo proxecto salvador que o Pai lle encomendou a Xesús.

O que necesita hoxe a Igrexa non é só reformas relixiosas e chamadas á comuñón. Necesitamos experimentar nas nosas comunidades un «novo inicio» a partirmos da presenza viva de Xesús no medio de nós. Só el ha ocupar o centro da Igrexa. Só el pode impulsar a comuñón. Só el pode renovar os nosos corazóns.

Non abondan os nosos esforzos e traballos. É Xesús quen pode desencadear o cambio de horizonte, a liberación do medo e os receos, o clima novo de paz e serenidade que tanto necesitamos para abrirmos as portas e sermos capaces de compartir o evanxeo cos homes e mulleres do noso tempo.

Pero habemos aprender a acoller con fe a súa presenza no medio de nós. Cando aos oito días Xesús volve presentarse, o narrador dinos que aínda as portas seguen pechadas. Non é só Tomé quen ha de aprender a crer con confianza no Resucitado. Tamén os demais discípulos teñen de ir superando aos poucos as dúbidas e medos que aínda lles fan viviren coas portas pechadas á evanxelización.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes
  • google-share

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

3 Advento – B (João 1,6-8.19-28)
11/ Dic/ 2023
3 Avvento – B (Giovanni 1,6-8.19-28)
11/ Dic/ 2023
3 Avent – B (Jean 1,6-8.19-28)
11/ Dic/ 2023
3rd Advent – B (John 1,6-8,19-28)
11/ Dic/ 2023

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial