• PPC Editorial España
  • Contacto
twitter
youtube
  • INICIO
    • QUIÉNES SOMOS
    • QUIÉNES LO FORMAMOS
    • QUÉ PRETENDEMOS
    • DÓNDE QUEREMOS LLEGAR
  • METODOLOGÍA
    • ORGANIZACIÓN
    • DINÁMICA DE LAS REUNIONES
  • PARTICIPA
    • DÓNDE Y CÓMO PARTICIPAR
    • ETAPA 1 – Reunidos en el nombre de Jesús
      • TEMA 1 – ¡Ánimo! Soy yo. No temáis
      • TEMA 2 – ¡Ánimo! Levántate. Te está llamando
      • TEMA 3 – Venid a mí los que estáis cansados y agobiados
      • TEMA 4 – Pedid, buscad, llamad
      • TEMA 5 – ¿Qué buscáis?
      • TEMA 6 – Id a Galilea. Allí lo veréis
      • TEMA 7 – Este es mi Hijo amado. Escuchadle a él
      • TEMA 8 – ¡Ábrete!
    • ETAPA 2 – El camino de Jesús
      • TEMA 9 – Impulsado por el Espíritu de Dios
      • TEMA 10 – Fiel al Padre
      • TEMA 11 – Enviado a los pobres
    • ETAPA 3 – La Buena Noticia de Dios
      • TEMA 12 – El Padre bueno
      • TEMA 13 – Dios busca a los perdidos
      • TEMA 14 – Dios es bueno con todos
      • TEMA 15 – Dios escucha a los que se confían a él
    • ETAPA 4 – Rasgos de Jesús
      • TEMA 16 – El hombre curado en sábado
      • TEMA 17 – El paralítico curado de su pecado
      • TEMA 18 – El leproso curado de la exclusión
      • TEMA 19 – Amigo de pecadores
      • TEMA 20 – La prostituta acogida por Jesús
      • TEMA 21 – El rico buscado por Jesús
      • TEMA 22 – Dichosos los pobres
      • TEMA 23 – El rico indiferente y el mendigo hambriento
      • TEMA 24 – La mirada de Jesús a la mujer encorvada
      • TEMA 25 – La defensa de la mujer adúltera
    • ETAPA 5 – Grandes llamadas de Jesús
      • TEMA 26 – Convertíos y creed la Buena Noticia
      • TEMA 27 – Acoged la semilla del reino de Dios
      • TEMA 28 – Vete y haz tú lo mismo
      • TEMA 29 – A mí me lo hicisteis
      • TEMA 30 – Amarás a tu Dios y a tu prójimo
      • TEMA 31 – Amad a vuestros enemigos
    • ETAPA 6 – Llamados a seguir a Jesús
      • TEMA 32 – Sígueme
      • TEMA 33 – Cargad con la cruz
      • TEMA 34 – Sois la sal de la tierra y la luz del mundo
      • TEMA 35 – Vosotros orad así
      • TEMA 36 – Haced esto en memoria mía
    • ETAPA 7 – Enviados por Jesús resucitado
      • TEMA 37 – A los pies del Crucificado
      • TEMA 38 – Yo os envío
      • TEMA 39 – Quédate con nosotros
      • TEMA 40 – Poneos en camino
  • BUENAS NOTICIAS
    • CASTELLANO
    • EUSKERA
    • GALLEGO
    • CATALÁN
    • INGLÉS
    • FRANCÉS
    • ITALIANO
    • PORTUGUES
  • AUTOR
    • Cartas
    • Videos
  • NOTICIAS
  • RECURSOS PASTORALES

Santa María, Nai de Deus – B (Lucas 2,16-21)

Evangelio del 01 / Ene / 2018
Publicado el 26/ Dic/ 2017
por Coordinador - Mario González Jurado

HOXE

Lucas conclúe o seu relato do nacemento de Xesús indicando aos lectores que «María gardaba todas estas cousas e as meditaba no seu corazón». Non conserva o sucedido coma un recordo do pasado, senón como unha experiencia que actualizará e revivirá ao longo da súa vida.

Non é unha observación gratuíta. María é modelo de fe. Segundo este evanxelista, crermos en Xesús Salvador non é recordarmos acontecementos doutros tempos, senón experimentarmos hoxe a súa forza salvadora, capaz de facer máis humana a nosa vida.

Por iso Lucas utiliza un recurso literario moi orixinal. Xesús non pertence ao pasado. Intencionadamente vai repetindo que a salvación de Xesús resucitado estásenos a ofrecer hoxe, agora mesmo, sempre que nos atopamos con el. Vexamos algúns exemplos.

Así se nos anuncia o nacemento de Xesús: «Naceuvos hoxe, na cidade de David, un Salvador». Hoxe pode nacer Xesús para nós. Hoxe pode entrar na nosa vida e cambiala para sempre. Agora mesmo podemos nacer con el á unha existencia nova.

Nunha aldea de Galilea traen un paralítico ante Xesús. Xesús conmóvese ao velo bloqueado polo seu pecado e sándao ofrecéndolle o perdón: «Os teus pecados fican perdoados». A xente reacciona encomiando a Deus: «Hoxe vimos cousas admirábeis». Tamén nós podemos experimentar hoxe o perdón, a paz de Deus e a alegría interior se nos deixamos sandar por Xesús.

Na cidade de Xericó, Xesús hospédase na casa de Zaqueu, rico e poderoso recadador de impostos. O encontro con Xesús transfórmao: devolverá o roubado a tanta xente e compartirá os seus bens cos pobres. Xesús dille: «Hoxe chegou a salvación a esta casa».

Se deixamos entrar a Xesús na nosa vida, hoxe mesmo podemos empezar unha vida máis digna, fraterna e solidaria.

Xesús está agonizando na cruz no medio de dous malfeitores. Un deles confíase a Xesús: «Acórdate de min cando esteas no teu reino». Xesús reacciona inmediatamente: «Hoxe estarás comigo no paraíso». Tamén o día da nosa morte será un día de salvación. Por fin escoitaremos de Xesús esas palabras tan esperadas: «Descansa, confía en min, hoxe estarás comigo para sempre».

Hoxe comezamos un ano novo. Pero que pode ser para nós algo realmente novo e bo? Quen fará nacer en nós unha alegría nova? Que psicólogo nos ensinará a sermos máis humanos? De pouco serven os bos desexos. O decisivo é estarmos máis atentos ao bo que Xesús esperta en nós. A salvación ofrécesenos cada día. Non hai que esperar nada. Hoxe mesmo pode ser para min un día de salvación.

José Antonio Pagola
Tradutor: Xaquin Campo Freire

Compartir en redes
  • google-share

Idiomas

  • Castellano
  • Euskera
  • Gallego
  • Catalán
  • Inglés
  • Francés
  • Italiano
  • Portugues

Últimas reflexiones

4 Pascoa – B (João 10,11-18)
19/ Abr/ 2021
4 Pasqua – B (Giovanni 10,11-18)
19/ Abr/ 2021
4 Pâques – B (Jean 10,11-18)
19/ Abr/ 2021
4th Sunday of Easter – B (John 10,11-18)
19/ Abr/ 2021

Avisos Legales

  • Condiciones de uso
  • Política de privacidad
  • Política de Cookies

Copyright PPC Editorial 2014.
Edición: Editorial PPC | Diseño y desarrollo: PPC Editorial
× Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar nuestros servicios, aceptas el uso que hacemos de las cookies. Aceptar